Lugo, 16 de decembro de 2015.- Este mércores pola mañá, a candidata socialista ao Congreso, Margarita Pérez Herráiz, e o candidato ao Senado, Ricardo Varela, xunto co deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos Ramos e a Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Lugo, Ana González Abelleira, mantiveron un encontro con representantes de COGAMI na provincia. No encontro abordaron a situación na que se atopa o colectivo e trasladaron que o 80% dos mesmos quedaron sen ningún tipo de prestación debido aos recortes do goberno central do PP. Fronte a esta realidade os socialistas trasladáronlles que o PSOE recolle no seu Programa Electoral a creación dunha Lei de Servizos Sociais coa que garantir as prestacións a persoas en risco de exclusión, como son as persoas con discapacidade e os dependentes, entre outros.
Representantes de COGAMI amosaron a súa preocupación tras catro anos de Goberno popular no que se recortaron 2.000 millóns de euros ao Sistema de Atención á dependencia, o que repercutiu en que o 80% de persoas con discapacidade pero sen grao de dependencia quedasen sen ningunha das axudas que recibían a través destes fondos. Ademais, nestes catro anos aumentou en 400.000 o número de dependentes con dereito recoñecido a ela e que permanecen en lista de espera. Dende 2012, máis de 100.000 deses dependentes faleceron sen ter recibido a prestación á que tiñan dereito.
En España, aproximadamente, un 8% da poboación ten algunha discapacidade. “Trátase dun colectivo moi importante da cidadanía, con iguais dereitos, e que deben formar parte da sociedade en pé de igualdade e sen ter que sortear barreiras e dificultades. Dende os anos 80 deuse un grande paso: das políticas asistenciais ás políticas de integración e esa é a liña pola que o PSOE sempre apostou, non con palabras, senón con feitos”, sinalou a cabeza de lista provincial, Margarita Pérez Herráiz.
Sen embargo, o PP rompeu consensos que se mantiveron durante máis de tres décadas en materia de integración das persoas con discapacidade. Conduciu ao Estado do Benestar en xeral, e ao Sistema Público de Servizos Sociais en particular, a un evidente deterioro das súas estruturas e da súa capacidade de resposta das necesidades das persoas con discapacidade. Os recortes supoñen un sobrecuste para as persoas con discapacidade dun 40% en relación a outras persoas.
“Hai 9 anos o PSOE puxo en marcha unha Lei de dependencia pioneira e imprescindible. Unha lei que Rajoy boicoteou dende que chegou ao poder. Nós como socialistas temos o compromiso de recuperar e revitalizar esta lei cando cheguemos ao Goberno, porque é una decisión económica, pero sobre todo, porque forma parte dos nosos principios e dos nosos valores”, sinalou Margarita Pérez Herráiz.
Durante esta lexislatura de Goberno popular nada se avanzou nos dereitos das persoas en situación de discapacidade, nin se abordou a modificación de leis implicadas na aplicación efectiva da Convención Internacional dos dereitos das persoas con discapacidade (acordada polas Nacións Unidas). Máis ben ao contrario: as persoas con discapacidade, e especialmente os menores, sufriron con dureza os cambios na lei de dependencia, o incremento dos copagos, e os recortes en sanidade e apoio educativo. Tamén teñen que pagar o traslado a rehabilitación ou a consultas e o material ortopédico. Non se revalorizaron as súas pensións e a situación laboral é mala.
Un programa electoral con foco nos servizos sociais
Os candidatos socialistas pola provincia de Lugo presentaron algunas das medidas contempladas no Programa Electoral do PSOE para as eleccións do 20D. Algunhas das máis destacadas son:
-A reforma do artigo 49 da Constitución para sustituír o termo “diminuído” polo de “persoa con discapacidade”
-Deseñar una estratexia de Discapacidade no Medio Rural
-Aprobar un Plan de Acción de Mulleres con Discapacidade, que contemple as dificultades dese 60% de mulleres nos ámbitos laboráis, educativos, de acceso a servizos e contra a Violencia de Xénero
-Adaptar o Código Civil e a lei de Réxime Electoral para adaptase ao estipulado polo Convenio das Nacións Unidas en materia de dereitos das persoas con discapacidade
-Aprobar un Plan Nacional de Reactivación da Educación Inclusiva que contemple planes de atención educativa individualizados
-Incluír nos planes de estudo das enxeñarías, arquitecturas a materia de accesibilidade universal
-Promover a Estratexia de Inclusión Laboral 2015-2020 a favor das persoas con discapacidade e elaborar una normativa marco para a inclusión dentro do novo Estatuto dos traballadores, que regule de xeito innovador a realidade laboral deste colectivo
-Compatibilizar as pensións de invalidez na súa modalidade non contributiva co exercicio de actividades remuneradas ou non que a persoa sexa capaz de levar a cabo
-Excluír dos ingresos computables a efectos de carencia de rentas o importe de becas ou compensacións pola realización de prácticas profesionais
-Derogar o copago en dependencia así como o sistema de incompatibilidades e a revisión dos copagos farmacéuticos segundo grado de discapacidade


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



