Santiago, 16 de decembro de 2015.- O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, dixo que de realizar o reparto por número de tripulantes, como solicita parte do sector, “Galicia non sairía tan ben parada como algúns están a transmitir á opinión pública”. Cun reparto deste tipo “Galicia perdería case un 20% das posibilidades de pesca do xurelo e da xarda, dixo Maneiro na Comisión 8ª do Parlamento, en resposta a dúas preguntas orais sobre a situación da frota do cerco. Nesta liña, lembrou que o actual modelo de reparto das cotas establece uns dereitos de acceso ao recurso en base ás declaracións de capturas feitas por cada embarcación desde 2002 a 2012.
O director xeral reiterou que o Goberno galego leva seis anos traballando a prol de maiores e mellores cotas de pesca, ao tempo que dixo que o seu departamento traballa de forma constante co fin de buscar máis e mellores datos científicos para favorecer ás nosas frotas. Lembrou que se conseguiu que as cotas das principais especies que captura o cerco subiran nun 52% desde o 2009 e nun 4,4 desde o ano pasado, destacando a suba efectiva do xurelo nun 24% nesta referencia temporal.
Neste sentido, subliñou que no ano 2013 o Goberno do Estado formulou un aumento xeneralizado das cotas asignadas á frota do cerco polo anterior Goberno socialista en Madrid, rebaixando as do arrastre, en todas as especies e cos mesmos criterios do reparto actual que agora critican. Así, sinalou que o cerco subiu na cota do xurelo do Cantábrico Noroeste dun 46% a un 53% e de Fisterra cara ao sur pasou dun 50% a preto dun 55%.
Ademais, recordou a mediación da Consellería do Mar diante da secretaría general de Pesca e das comunidades autónomas, para conseguir adiantos ou intercambios de cota con outros países ou frotas, como foi o caso do adianto en xuño do 10% da cota de xurelo no Cantábrico e augas da Coruña.
O director xeral fixo fincapé en que a frota galega ten case o 44% da cota do xurelo das zonas do, Cantábrico Noroeste e augas de Fisterra cara ao sur. Nesta mesma liña, dixo que este ano tamén se conseguiu unha maior flexibilización do intercambio das posibilidades de pesca desta especie entre as zonas de pesca do Cantábrico, de xeito que a cota medrou dun 5% a un 50% para este ano, o que nos fixo dispor de máis cota para a nosa frota nun lugar máis accesible que o golfo de Biscaia.
Acordo pesqueiro con Mauritania
Juan Maneiro recoñeceu que para o Goberno galego o actual acordo pesqueiro con Mauritania non é satisfactorio, xa que deixa fóra aos buques cefalopodeiros galegos, para os que a Xunta sempre reclamou un espazo nese caladoiro. Por outra banda, trasladou que, aínda que non contempla a inclusión dos buques cefalopodeiros, beneficia a unha ducia de barcos galegos de palangre e merluceiros en fresco.
Así, lembrou que a Consellería do Mar e o Goberno do estado traballan da man desde o primeiro momento para renegociar os termos do novo acordo que faga viable e rendible a actividade pesqueira da frota galega en augas mauritanas e permita a inclusión dos buques cefalopodeiros. Neste sentido, recordou que a Conselleira mantivo unha xuntanza co director xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Unión Europea, João Aguiar, na que lle solicitou que se permita a participación dos cefalopodeiros neste acordo pesqueiro.
Juan Maneiro sinalou que a Xunta e o MAGRAMA están realizando xestións en coordinación coa Comisión Europea para que o Instituto Español de Oceanografía e o Instituto Mauritano de Investigacións Oceanográficas e de Pesquerías avalíen os excedentes de especies demersais (peixes que viven preto do fondo do mar). Isto, segundo explicou o director xeral, vai permitir discutir a inclusión dunha nova modalidade de arrastre demersal conxelador na primeira comisión mixta que se debería celebrar a finais de febreiro do próximo ano e poder incluír aos cefalopodeiros con informes científicos favorables.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



