Cervo, 16 de decembro de 2015.- Os socialistas de Cervo asistirán este xoves ás 13:00 horas ao pleno extraordinario que terá lugar no Concello de Cervo e no que “defenderemos as alegacións presentadas aos orzamentos do equipo de goberno para 2016. É fundamental que se reorganicen certas partidas para que se tomen medidas que reactiven definitivamente a economía local e poidamos afrontar o desemprego no noso municipio”.
Neste senso, dende o Grupo Municipal Socialista, aseguran que “nos presupostos do Partido Popular hai un gran número de partidas orzamentarias sen definicións concretas, ben por falta de previsión ou ben porque non se sabe moi ben ao que se van a destinar. Pola contra, as demandas e intereses dos veciños quedan esquecidos”.
Ante esta problemática, os socialistas destacan hoxe que no pleno extraordinario “esixiremos a redución dos conceptos “caixón de xastre” ou gastos diversos para incrementar aqueles relacionados con áreas de promoción económica ou fomento do emprego”.
Tanto é así que pediremos que “se aposte pola promoción turística, motor da economía do noso concello, coa creación dun Plan Estratéxico Integral de Reactivación e Incentivación Turística ao que se destinen 150.000 euros. Que se aumente a partida para o Plan de Emprego cuns 218.000 euros para favorecer os colectivos máis afectados pola crise económica e o paro como son as mulleres cervenses e os maiores de 45 anos. E por último, que se incremente a partida de Emerxencia Social ata os 20.000 euros, posto que son moitos os veciños que se atopan nunha situación difícil e se verían enormemente beneficiados”.
Economía, emprego e protección social, son os piares básicos polos que o GMS de Cervo cre necesaria “a reestructuración dos orzamentos para o vindeiro ano 2016. Son as demandas e os intereses dos veciños, os que queremos defender con estas alegacións e agardamos que sexan tidas en conta polo equipo de goberno”.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



