Non creo que haxa ninguén que non saiba que o próximo 20 de decembro hai eleccións xerais nas Españas todas. Parece ser, que tras décadas de bipartidismo, estamos ante unha situación histórica e hai catro candidatos que se disputan a Presidencia do Goberno: Mariano Rajoy, do PP e actual presidente do Goberno; Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE; Pablo Igrexas, secretario xeral de Podemos; e Albert Rivera, presidente de Cidadáns. Dada a transcendencia, o grupo Atresmedia organizou un debate televisado entre os catro candidatos o próximo 7 de decembro, que moderarán os xornalistas Ana Pastor e Vicente Vallés.
E aquí salta a sorpresa. Mariano Rajoy declinou a invitación e no seu lugar, acudirá a actual vicepresiente, Soraya Sáenz de Santamaría. Non todo son malas noticias, podía enviar ao seu fillo. Rajoy si quería un cara a cara co candidato socialista Pedro Sánchez, pero non un debate a catro. Alegan desde o PP problemas de axenda do presidente e que ata recibiu máis de trinta propostas para participar en diferentes debates. Parece que estes problemas de axenda non impediron ao señor Rajoy acudir ao programa de Televisión Española presentado por Bertín Osborne Na túa casa ou na miña, moito máis insustancial. Ou o máis rechamante. acudiu a comentar un partido de fútbol do Real Madrid en CÓPEA. Onde estea o fútbol que se quite o demais.
Nada que objetar a que realice estas actividades, está no seu dereito. Quere participar noutros formatos televisivos e é un gran afeccionado ao balompé. Pero é incomprensible como despreza a todos os veciños deste Estado negándose a ir a un debate no que pode explicar as súas ideas e o seu programa. Sinceramente non me sorprende. Aínda recordo a súa roda de prensa a través dunha pantalla. A única palabra “decente” que se me ocorre para definir a actitude do señor Rajoy é medo. Está aterrado. Sabe que ten pouco que facer ante os demais candidatos. Ignoro quen gañará o debate, o certo é que non son moi amigo da competición, o que si seguro é quen o perdeu de antemán: o señor Rajoy, e por extensión o Partido Popular. Desprezaron aos seus votantes e vano a pagar nas urnas. É evidente que algún indeciso votará ao candidato que explique o seu programa e que se enfrontou aos seus contendentes. Señor Rajoy, si esta é a súa forma de facer política, augúrolle unha saída inminente do Palacio da Moncloa. Eso si pode que, vostede xa o sepa, por eso nas banderolas aparece a señora vicepresidenta dando saltitos, que e máis do gusto da súa marca blanca. Falo de Ciudadans, claro está.
Otero Regal.