Burela, 3 de decembro de 2015.- O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, reuniuse con representantes dos clubs deportivos de Burela para explicarlles o borrador das bases reguladoras das subvencións nominativas de 2016 elaborado polo Concello. Ademais, o edil anunciou que se creará unha comisión de seguimento na que estará integrada a oposición, para velar pola transparencia máxima do proceso.
Fernández Rey contou que este mércores “dende a Concellaría de Deportes de Burela convocamos aos clubs deportivos a unha reunión para ir vendo como vai ser o proceso de concesión de subvencións para 2016. Como prometemos no noso programa electoral, non cremos nas axudas a dedo como se estaban dando no anterior goberno e, dende a Concellería, en colaboración co técnico de Deportes, fixemos unhas bases, cuns criterios obxectivos, que pensamos que é a maneira de facer as cousas, para conceder as axudas de cara o ano que vén. Onte expuxémoslles aos clubs ese borrador que temos elaborado en base a eses criterios obxectivos e explicámoslles a filosofía de todo isto que estamos facendo”.
O edil socialista indicou que “a resposta dos clubs foi moi positiva, entenden perfectamente que as axudas non se poden dar a dedo nin a criterio do concelleiro de turno nin do alcalde. Levámoslles a proposta, unhas bases con criterios obxectivos, e dámoslles o prazo dun mes para que presenten alegacións, porque queremos que sexa unha cousa consensuada con todos, non queremos que ninguén se sinta prexudicado por estas bases e esperamos poder incluír todas aquelas achegas que non fagan dende os clubs e que sexan unhas bases de todos e para todos. Esperamos poder chegar a ese obxectivo, penso que sería bo tanto para o Concello como para os clubs”. En subliñou: “tentaremos que as bases sexan o máis consensuadas posible cos clubs. Nelas primamos ás axudas ao deporte base así como a igualdade de sexo nos distintos clubs, sendo unha prioridade que os nenos e as nenas practiquen deporte en Burela”.
O concelleiro de Deportes tamén adiantou que “se creará unha comisión de seguimento na que estea integrado tanto o concelleiro de Deportes, neste caso eu, como o alcalde, como o técnico de Deportes, así como os grupos da oposición, para poder facer aínda máis transparente o proceso. En dita comisión revisarase que as axudas se conceden conforme ás bases elaboradas. Nós entendemos que a transparencia, tal e como están os tempos en política, é unha cousa básica, e como nós non temos nada que agochar introducimos esta posibilidade nas bases”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
