Barreiros, 4 de decembro de 2015. Máis de vinte alumnas e alumnos recibiron, nas dúas últimas semanas, nocións básicas de manexo de smartphones grazas a un curso impartido pola aula CeMIT de Barreiros, e que lles permitiu familiarizarse cos terminais de última xeración.
Remata así o ciclo de cursos de informática impartidos pola CeMIT de Barreiros neste 2015, aínda que xa se están preparando os que se impartirán a partir de febreiro de 2016 e que seguirán facilitando a inclusión tecnolóxica de veciñas e veciños do municipio, posto que o principal obxectivo destas actividades formativas reside en impulsar, potenciar e difundir, á veciñanza do municipio e arredores, coñecementos nas tecnoloxías da información e da comunicación, achegando a alfabetización dixital a toda a poboación.
Aula aberta
A aula CeMIT non só é o centro no que se imparten os cursos anteriormente mencionados. A aula CeMIT de Barreiros permanece aberta durante todo o ano, de luns a xoves, agás festivos, de 15.00 a 21.00 horas do 15 de setembro ao 30 de xuño, e de 9.00 a 15.00 no verán. Así, os usuarios poden acceder libre e gratuitamente á utilización do equipo informático da aula, sempre co apoio e baixo a supervisión do axente TIC.
























A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



