Lugo, 9 de decembro de 2015.- NÓS-Candidatura Galega celebrou en Lugo o acto central de campaña no que interviron, ademais das candidatas ao congreso e o senado, Olalla Rodil e Rosana Prieto, persoas que integran as candidaturas desta formación da que forma parte o BNG. “Unhas candidaturas para rachar coa norma establecida. Para rachar co bipartidismo a dous enquistado desde hai décadas e co bipartidismo a catro que pretenden instalar a golpe de tertulias e shows televisivos” dixo Olalla Rodil.
A candidata ao congreso sinalou que “NÓS non queremos cambiar só o cú do que vaia sentar na Moncloa, senón defender a quen leva moito tempo partíndose o lombo para sacar adiante a súa explotación gandeira aínda cando non ve un peso polo leite que produce” e engadiu que “somos a voz daquelas persoas que levan décadas a vivir no rural mentres vemos as vilas e aldeas vir a menos.NÓS somos a candidatura da mocidade emigrada. Dunha xeración que está a ser expulsa da súa terra como antes foron as nosas avoas ou os nosos pais”.
Rodil pediu o voto para Nós Candidatura Galega por que “se algo pode mudar o 20 de decembro, Galiza ten que estar. Non podemos deixar que sexan outros os que negocien de novo o noso futuro, sen ter en conta o rural, o agro ou o feito de que a nosa xente vive dispersa”. Boa parte das intervencións deste acto destacaron a necesidade de contar, nas institucións do estado, cunha representación galega que defenda os nosos intereses.
Na apertura do acto o voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, afirmou que “o noso obxectivo non é ver quen chega antes a Moncloa a vivir a gastos pagos, non, o noso obxetivo é defender á xente que vive neste país”. Arroxo fixo fincapé na paradoxa de “vivir nun dos territorios máis ricos en recursos de Europa, e termos a poboación máis envellecida do mundo”. O voceiro do BNG reclamou unha tarifa eléctrica galega e lembrou que “aquí hai quen vive rodeado de eólicos e ten que apagar os electrodomésticos para poder muxir”.
Pola súa banda a candidata ao Senado, Rosana Prieto, explicou como deu este paso cara encabezar unha candidatura e afirmou “pertenzo a unha das xeracións mellor formadas da historia, estudei con bolsas públicas que hoxe xa non poden disfrutar as persoas que concorran nas mesmas circuntancias socioeconómicas que eu tiña, coido que os tempos son chegados, e que a obriga hoxe é, moral e social!”. Como parte da candidatura lucense ao senado interviu, tamén, Carme Pernas que fixo unha aposta pola defensa do noso patrimonio histórico-cultural.
Ademais interviron outras persoas que conforman a candidatura. A mariñá Montse Porteiro, profesional da saúde explicou como un xubilado galego cobra como media uns 300 euros menos que un de Madrid “se ainda por riba se lles fai pagar os medicamentos ou o transporte a un centro hospitalario para o seu tratamento estase a atentar contra os principios de gratuidade e acceso universal á Sanidade”. Alberte Fernández Fraga, candidato ao senado, sinalou que “desde NÓS Candidatura Galega apostamos pola xeración de emprego digno e estábel, xestionando desde a Galiza as políticas de fomento do emprego e da formación continua”.
O número dous da lista ao congreso, Xosé Antón Ledo, referiuse ao problema estrutural que sufre o agro galego e afirmou que “o noso rural ten futuro con políticas que apoien a rendibilidade das producións leiteiras e agro-gandeiras e da industria transformadora, impulsando os circuítos curtos de comercialización e de transformación por parte das propias persoas produtoras e unha aposta decidida pola produción diferenciada e de calidade”. Felipe Rivas, candidato ao congreso e activista social remarcou a necesidade de que a xente se autoorganice e participe na vida política por que “é o único xeito de defender o que é noso”.




















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



