Bruxelas, 15 de decembro de 2015.- Dende este luns e até o vindeiro xoves 17 o Parlamento Europeo está reunido en sesión plenaria en Estrasburgo (Francia). A última hora da mañá deste martes tivo lugar un debate conxunto do Parlamento, Comisión e Eurogrupo ao respeito da realización da unión económica e monetaria en Europa, unha proposta baseada no informe Realizar a Unión Económica e Monetaria Europea, publicado polos denominados “cinco presidentes” -presentes tamén hoxe no debate-, o pasado 22 de xuño.
Diante dos argumentos pro-neoliberais expostos no debate, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, encetou a súa intervención no hemiciclo recordando que “o euro foi unha estafa para os pobos do sur da Unión Europea”. Se dende a UE non se realiza unha autocrítica analizando e avaliando as consecuencias do propio euro, “a Unión Económica e Monetaria que vostedes proxectan seguirá agrandando as desigualdades e seguirá aumentando a pobreza e a exclusión social”.
Diante das caducas propostas do Presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem, reiterando seguir cas reformas económicas estruturais, reformas das pensións e reformas laborais… “Isto non é nada novo”, retrucou a eurodeputada galega, “isto xa o coñecemos e por iso sabemos que son medidas para seguir extorsionando ás clases populares, para eliminar as conquistas sociais de séculos de loitas das clases traballadoras e para beneficiar a especulación”.
Senra tamén visibilizou a súa decepción diante da intervención do presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, criticando que non contemplara “propostas para acabar cas políticas de austeridade, medidas políticas para rescatar ás persoas da pobreza e da exclusión social, para recuperar e xerar emprego digno, garantir prezos remuneradores para o campesiñado, medidas para manter o pequeno comercio e ás pequenas e medianas empresas…”.
A deputada de AGEe instou na Eurocámara a garantir “unha ensinanza e unha sanidade públicas, gratuítas, de calidade e de acceso universal”, así como a “liberar aos pobos da obriga de priorizar o pago da débeda”.
“De todo isto esperabamos falar hoxe”, concluíu con contundencia Lídia Senra, “sen embargo, vostedes seguen falando de propostas para as corporacións transnacionais e a Banca e en contra das persoas”.
















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



