A Biblioteca Pública Municipal de Burela acaba de fallar os premios dos Certames organizados desde a Biblioteca para tódolos nenos e nenas do Concello, tanto no certame de Poesía como no de Postais a participación foi máxima.
As postais, como en anos pasados, acadaron unha maior participación ,cun total de trescentas postais.
No Certame de poesía, os gañadores, pasarán a fase segunda do certame, que terá lugar en Lugo e que está organizado pola biblioteca provincial.
A entrega de premios terá lugar o vindeiro mércores, 20 de xaneiro, ás 19.00 horas na Sala de Arte da Casa da Cultura. Os traballos presentados poden verse na Sala de Arte en horario, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.
Os gañadores foron os seguintes:
CERTAME DE POESÍA “NADAL 2015”
CATEGORÍA A:
1ª PREMIO: LAURA MOSQUERA GARCÍA (8 anos). CEIP VISTA ALEGRE.
2ª PREMIO: MAGALI CATALÁN KOSPERSKI (8 anos). CEIP VISTA ALEGRE.
3ª PREMIO: ÁLVARO BEN BALTAR (8 anos). CEIP VISTA ALEGRE.
CATEGORIA B:
1º PREMIO: SERGIO ROMERO GONZÁLEZ (9 anos). CEIP VISTA ALEGRE.
2ª PREMIO: PAULA RODIL LAMAS (9 anos). CEIP VIRXE DO CARME.
3ª PREMIO: LUCÍA CANCELOS REBOLO (10 anos). CEIP VISTA ALEGRE.
CERTAME DE POSTAIS “NADAL 2015”
EDUCACIÓN INFANTIL (de o a 3 anos):
1º PREMIO: CLARA VÁZQUEZ CAYÓN (2 anos). ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL.
2º PREMIO: CAROLINA GOÁS TRELLES (2 anos). ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL.
EDUCACIÓN INFANTIL (de 4 a 5 anos):
1º PREMIO: PAULA RICO FONTENLA (4 anos). CEIP VISTA ALEGRE.
2º PREMIO: DAVID VALLE CAJOTO (4 anos). CEIP VISTA ALEGRE.
EDUCACIÓN PRIMARIA (1º e 2º):
1º PREMIO:YAIZA FERNÁNDEZ CAMBEIRO (7 anos). CEIP VISTA ALEGRE.
2º PREMIO: UXÍA DEL ANGEL RAMUDO (7 anos). CEIP VIRXE DO CARME.
EDUCACIÓN PRIMARIA (3º e 4º):
1º PREMIO: NACHO ANDÍA (8 anos). CEIP VIRXE DO CARME.
2º PREMIO: CECILIA ANELLO FERNÁNDEZ (9 anos). CEIP VISTA ALEGRE.
EDUCACIÓN PRIMARIA (5º e 6º):
1º PREMIO: DANIELA ENRÍQUEZ (11 anos). CEIP VIRXE DO CARME.
2º PREMIO: ALBA GEADA BERNAL (11 anos). CEIP VIRXE DO CARME.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



