Ribadeo, 16 de xaneiro de 2016. A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho acolle ata o vindeiro 3 de febreiro unha exposición didáctica de aves do Centro de Extensión Universitaria e Difusión Ambiental de Galicia.
Segundo o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, “esta exposición permitiranos coñecer o marabilloso mundo das aves. O noso país conta cunha ampla diversidade de hábitats e numerosas especies de aves, adaptadas ás características do entorno que ocupan, e que se achegan por estas terras nas súas migracións entre Europa e África. Moitas das poboacións de aves presentes en Galiza teñen unha gran importancia, tanto a nivel local como nacional e internacional, pois atopan nas nosas terras o límite da súa distribución xeográfica, ou no seu caso pola súa escaseza”.
O edil nacionalista sinala que “con esta exposición queremos que todas as persoas que a veñan ver coñezan máis polo miúdo aves de montaña, das fragas, dos ríos e das ribeiras, das chairas, das zonas húmidas do interior, aves da campiña atlántica ou da Galiza mediterránea, das rías ou dos cantís costeiros, aves da praia e do mar e tamén do medio urbano. Ademais, poderemos familiarizarnos un chisco co calendario das aves no noso país e introducirnos no mundo da ornitoloxía”.
Para Farruco Graña “é unha boa oportunidade para que os centros educativos da zona se acheguen ata a Biblioteca Municipal El Viejo Pancho e aproveiten para levar á práctica os seus coñecementos do medio natural. Tamén o é para aquelas persoas que se queiran iniciar no mundo da ornitoloxía e poidan así familiarizarse con ese inmenso tesouro que visita a na nosa ría e a súa contorna ano tras ano, facendo da nosa paisaxe un lugar privilexiado para os amantes da ornitoloxía”.
E engadiu que “todo isto será posible durante case tres semanas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho de Ribadeo ata 3 de febreiro no horario habitual da Biblioteca (de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas). Unha boa oportunidade para gozar dun bo paseo polas rúas da vila ribadense, perderse pola vila vella e reencontrarse co marabilloso mundo das aves na nosa Biblioteca Municipal El Viejo Pancho”.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



