O Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos Ramos, informou que a Deputación activou este luns a Bolsa de Emprego, na que se ofrecen 40 postos de traballo do Ben Empregado, así como o Servizo de Guía Laboral, co que o organismo provincial ofrece formación gratuíta para paliar as dificultades existentes na cidadanía a hora de enfrontarse a unha entrevista de traballo.
Álvaro Santos destacou que “hoxe puxemos en funcionamento a Bolsa de Emprego da Deputación, a través da que ofrecemos, nesta ocasión, 40 postos de traballo vencellados ao programa provincial Ben Empregado. Os interesados en participar, deberán cubrir o formulario que se atopa na web www.deputacionlugo.gal, no espazo do Ben Empregado, na que hai colgado un documento coa relación dos postos de traballo ofrecidos. Deste xeito, os desempregados deberán escoller o código do perfil no que estean interesados, e cubrir o formulario con esa referencia, para poder optar despois ao posto de traballo desexado”.
Concretamente, algúns dos perfís ofrecidos son: dependentes, camareiros, deseñador de ofertas turísticas, peóns gandeiros, axudante avícola, responsable de innovación en prevención de riscos laborais, condutores, monitores, especialistas en rehabilitación de pedra granítica ou peóns agrícolas.
O período de solicitudes será de 10 días naturais dende o día seguinte á súa publicación.
Guía Laboral
A través da Guía Laboral, a Deputación pon a disposición dos cidadáns os axentes de emprego da área de Promoción Económica e Social para ofrecerlles todo tipo de asesoramento, que poderá ser de xeito presencial, nas dependencias do Pazo de San Marcos, ou ben telemáticamente a través da plataforma online do Ben Empregado.
Santos Ramos explicou que, durante o transcorrer do Ben Empregado, os traballadores do departamento de Promoción Económica e Social, levaron a cabo máis de 6.000 entrevistas persoais para cubrir os postos de traballo. Estes profesionais da área de emprego atoparon deficiencias á hora de afrontar unha entrevista, elaborar un currículo, definir os perfís laborais ou adaptarse á realidade actual coas novas tecnoloxías.
É deste feito do que nace a idea de por en marcha a Guía de Laboral coa que se ofrecerá asesoramento en 3 niveis de actuación, que van en función do nivel de demanda dos usuarios deste servizo:
• Adecuación básica: no que se darán pautas para que quede claro que es, que queres e que buscas, e na que tamén se amosarán técnicas sobre a actitude e disposición necesaria nas entrevistas de traballo.
• Adecuación Media: no que se axustará mellor o perfil do traballador, atopando e detectando as necesidades de cadaquén e complementando as carencias que se poidan ter a de xeito personalizado.
• Adecuación Alta: na que se fará unha análise máis especializada para coñecer de preto, por exemplo, a importancia das redes sociais e plataformas web á hora de buscar traballo, así como incluso valorar a posibilidade de abrirse a novos campos de traballo relacionados coa súa formación ou profesión.
Dentro das actividades que se levarán a cabo dentro deste novo servizo destacan, titorías individualizadas, nas que se explicará, entre outros, como elaborar un CV ou una carta de presentación ou pautas para preparar adecuadamente unha entrevista de traballo; obradoiros, seminarios, mesas sectoriais, que tratarán sobre dinámicas de grupo; obradoiros de motivación, de autoemprego ou sobre as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías.
O Deputado informou que “estes novos servizos intégranse dentro das políticas públicas de emprego vixentes agora mesmo no ente provincial, polo que non terá custe adicional algún para o ente provincial, nin será necesaria a contratación de novo persoal para que se encargue de prestar este servizo á cidadanía”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



