Lugo, 20 de xaneiro de 2016.- O Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos Ramos, avanzou este mércores a creación da 1ª Bolsa de Emprego da provincia e dun Servizo de Guía Laboral que o luns se poñen en marcha ao abeiro do programa provincial Ben Empregado, “pois é a programación laboral que temos en marcha agora mesmo. Estes servizos perdurarán no tempo, posto que o obxectivo deste Goberno Provincial é impulsar novos plans de emprego este mesmo ano para os que serán necesarias estas ferramentas” salientou.
Santos Ramos explicou que “a Bolsa de Emprego é unha plataforma online, á que se poderá acceder directamente dende a páxina web da Deputación (www.deputacionlugo.gal), na que todos os lucenses que estean no paro, por un lado, poderán inscribirse como demandantes de emprego e, por outro, ver os postos de traballo que ofrece a Deputación para anotarse aos mesmos. Este servizo estará en funcionamento o vindeiro luns, cando informaremos sobre os perfís do Ben Empregado que ofrece a Deputación”.
“Ao abeiro desta programación de emprego, hoxe están a traballar 570 lucenses que estaban no paro en empresas e entidades da provincia. Ademais, hai que ter en conta que entre estes preto de 600 profesionais que hoxe están a traballar prodúcense baixas laborais, por maternidade, por un accidente…; e nalgúns casos, non superan o período de proba das empresas. Polo tanto, con esta Bolsa de Emprego todos os lucenses en paro estarán puntualmente informados sobre os postos de traballo ofertados”.
Ademais, ao inscribírense neste portal web, o organismo provincial contará cunha ampla base de datos dos desempregados lucenses, con información sobre o seu perfil, a súa formación ou as súas necesidades, que permitirá axustar á realidade laboral na provincia de cara posta en marcha de novas programación de emprego.
Guía Laboral
Durante o transcorrer do Ben Empregado, os traballadores do departamento de Promoción Económica e Social, levaron a cabo máis de 6.000 entrevistas persoais para cubrir os postos de traballo. Estes profesionais da área de emprego, atoparon deficiencias á hora de afrontar unha entrevista, elaborar un currículum, definir os perfís laborais ou adaptarse á realidade actual coas novas tecnoloxías.
A través da Guía Laboral, a Deputación pon a disposición dos cidadáns os axentes de emprego da área de Promoción Económica e Social para ofrecerlles todo tipo de asesoramento, que poderá ser de xeito presencial, nas dependencias do Pazo de San Marcos, ou ben telemáticamente a través da plataforma online do Ben Empregado.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



