Madrid, 21 de xaneiro de 2016.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, enxalzou este xoves en Fitur o gran potencial turístico dos recursos naturais da Mariña lucense, que rexistrou entre os meses de xaneiro e novembro máis dun 11% de visitantes que o pasado ano, superando 140.000 viaxeiros.
Arias, que participou na presentación do vídeo Mariña lucense. Mágica por naturaleza, elaborado pola Mancomunidade de Municipios de A Mariña, manifestou que “a oferta turística da comarca é unha das máis completas do país, porque xunta nun só destino gastronomía, turismo rural, actividades ao aire libre, monumentos naturais, praias impresionante en estado salvaxe e Camiño de Santiago”.
“O crecemento de visitantes deixa constancia do interese que esperta a comarca a nivel turístico e reflexa a tendencia positiva que está a experimentar o sector”, dixo a delegada, que tamén insistiu na “necesaria a colaboración de todos os axentes implicados para consolidar o destino”.
Nesta sentido, Raquel Arias explicou que desde a Xunta se está a traballar para protexer a praia de As Catedrais, unha das insignias mariñás. “O ano pasado”, explicou, “implantáronse algunhas medidas de protección contempladas no Plan de Conservación do Monumento Natural, entre as que destacan a implantación do sistema de autorización previa de visitantes nos meses de xullo e agosto, período no que o areal rexistrou máis de 200.000 visitas sen aglomeracións nin multitudes”.
“As praias mariñás son unhas das mellor conservadas de Galicia e de España”, subliñou, “tanto pola calidade das súas augas coma polo seu excelente estado, salvaxe en moitos casos, e debemos dalas a coñecer e promocionalas”
A delegada da Xunta tamén quixo alentar aos profesionais do sector na comarca a sacar partido á recente designación do Camiño do Norte a Santiago como Patrimonio da Humanidade xa que é, “unha das rutas xacobeas máis fermosas da Península e que transcorre por paraxes únicos aínda por descubrir”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



