A Xunta Directiva do CD Burela FS Pescados Rubén convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de socios/as para o luns 8 de febreiro de 2016. A reunión terá lugar no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca); a primeira convocatoria está fixada para as 20.00 horas e a segunda para as 20.30.
ORDE DO DÍA
1. Lectura e aprobación da acta anterior
2. Presentación e aprobación de operacións bancarias
3. Situación deportiva da entidade e proxectos
4. Rogos e preguntas.