Burela, 20 de xaneiro de 2016.- O encontro comezou con intensidade e ritmo aínda que sen ocasións claras en ningunha das filas. Co paso dos minutos, as chegadas dos maños, con José Carlos de estratexia e Víctor Tejel, fronte a un sempre correcto Edu, cederon terreo aos laranxas, que conseguiron ir tomando posicións e dominando en perigo. Tralas tentativas de Jorge, cun pé prodixioso do meta rival, e Iago Rodríguez, á escuadra, Vista Alegre cantou un gol que non chegou; o disparo de Iago quedouse morto ao bordo da liña de meta e Iván conseguiu salvalo. Rozando o ecuador da primeira parte, os da Mariña asediaron a área do DLink con dúas pelexas moi enveadas, aínda que sen recompensa para os de Daniel Ibañes. Pediu tempo o técnico zaragozano para frear as embestidas dos locais, pero nada puido facer no minuto 12, co merecidísimo gol en contragolpe de Jorge Bellvert, que sorprendeu a Iván perforando a rede. Os de Quique Soto tiveron o empate nun disparo de Víctor Tejel (minuto 16) que se paseou por diante da portería burelista sen encontro no remate. Antes do descanso, as mellores ocasións dos da casa protagonizáronas Chano, no 18, que non puido controlar de cabeza un pase longo, e Jorge, a falta de 23 segundos para a bocina, ante Iván que despexou coa perna.
Cando apenas transcorrera minuto e medio de xogo, DLink empató a contenda nas zapatillas de José Carlos, tras gol anulado de Víctor Tejel por falta en ataque nos primeiros segundos. No 23, Chino non puido aproveitar fronte a Arturo o envío de Jorge desde a banda, pero Antoñito non perdoou e subiu o 2-1 nos seguintes compases rematando a asistencia de Bellvert, un dos burelistas máis incisivos da cita xunto a Chano. O 11 mariñao rubricou o 3-1 de rexeite, en minuto 28, a pase de Hélder na área maña, trala chegada en avalancha de Jorge. Antes, no 24, o prodixioso Edu estivo impertérrito en dobre tentativa de Caio Alves. A falta de 7 minutos para o final, o 12 do DLink abandeirou o xogo de cinco, tralo disparo ao pau de Tejel que puido recortar distancias. Reduciu Richi Felipe tan só un minuto despois, asistido por Víctor Tejel. Con todo, pouco lles durou a alegría aos de Quique Soto; Jorge volveu a perforar a rede visitante no 36, a balón parado, e Chino ampliou ao 5-2, no 37, a porta baleira tras galopada de Chano. Os de Zaragoza volveron acurtar levemente con José Carlos no 38. A falta de 7 segundos, Chano sentenciou co 6-3 desde media pista a porta baleira.
A liga de Primeira LNFS regresará para os laranxas o 20 de febreiro en casa do Jumilla, tralo parón da competición pola disputa do Europeo.
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Isi, Iago Rodríguez, Chano, Chino, cinco inicial; tamén xogaron Antoñito, Jorge, Hélder, Carlitos.
DLink Zaragoza: Iván Bernad, Víctor Tejel, Retamar, José Carlos, Nano Modrego, cinco inicial; tamén xogaron Caio Alves, Óscar Villanueva, Richi Felipe, Jorge Santos, Víctor López, Arturo.
Goles: 1-0, minuto 12, Jorge Bellvert; 1-1, minuto 21, José Carlos; 2-1, minuto 23, Antoñito; 3-1, minuto 28, Chano; 3-2, minuto 35, Richi Felipe; 4-2, minuto 36, Jorge; 5-2, minuto 37, Chino; 5-3, minuto 38, Jorge Santos; 6-3, minuto 39, Chano
Árbitros: Rodrigo Miguel // Sánchez Molina (Castilla A Mancha). Por Burela amarela a Iago Rodríguez 26), Chino (minuto 39). Por DLink amarela a Jorge Santos (minuto 14), Óscar Villanueva
Incidencias: Partido correspondente á 20ª xornada da Primeira División da LNFS disputado en Vista Alegre. Sobre 600 afeccionados.






















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
