Acábanse os burros.Din os expertos que, no curto prazo de dúas/tres décadas, non quedará un exemprar dos pacientes e sufridos asnos que, desde tempos inmemoriais, viñeron prestando importantes servicios á Humanidade. Tempos houbo nos que en Foz o burro era moi apreciado e considerado; algúns acadaron popularidade e son moitas as anécdotas a que deron lugar.O burro foi, ademais, valioso auxiliar de todo un colectivo de fondas raíces na evolución económica e social do pobo: as pescantinas. A “vendedora” que pregoaba o producto, azuzando a un tempo ó animal que o transportaba, era estampa cotiá polas rúas da vila e as corredoiras da bisbarra. O asno, para tal menester, debía ser de paso curto e miúdo para evitar o deterioro da mercaduría co violento vai-ven da marcha; daí que o burro da pescantina era sempre do xénero feminino. Na memoria gardamos episodios que en certa medida refilcten o medio social, económico e cultural da época.Así se explica, por exemplo, que Emiliano da Cangalla, a quen roubaran o burro que gardaba na cuadra,tivera que desprenderse da prenda por él mais preciada: un fermoso acordeón, con artístico decorado e diseño de nácar, chegado de alén mar, que coidaba con todo esmero.Ante a dificultade de achegar recursos para mercar un novo burro, vendeo rifas para o sorteo do instrumento nun baile domingueiro no salón de Ramón María de Cao.
Un rucio popular fora “Tilín”, de anatomía émula de “Platero”; Antón de Carballido, o dono,asináralle un duro traballo: tirar da vagoneta que, da canteira do Rego de Foz,levaba a pedra para a construcción das Casas Baratas. Pero foi sen dúbida “Pedro” o colega mais popular: miúdo, arrogante, fiel cumpridor do cometido, pola visita diaria a certos establecementos, por razón de traballo, gañárase o afecto de moitos parroquianos. Mañoso para franquear o aposento, boa parte das noites as pasaba á luz da lúa, o que lle daba certa imaxe de romántico e mesmo de “ligón”. “Pedro”, o burro que, da feira de San Froilán de Lugo, chegara a Foz en 1944, foi elemento popular e querido. Pola onomástica (29 de xuño) tomaba as súas cañas de cervexa, adozaba o padal cun feixe de caramelos e na testa, no medio das orellas,lucía un fermoso penacho de flores… Os burros acábanse…¡qué magoa!.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



