Burela, 14 de xaneiro de 2016.- O técnico do CD Burela FS Pescados Rubén cumprirá o seu segundo ano á fronte do banco laranxa en 2016-17. O hispano-brasileiro, que chegou á Mariña para asumir as rendas do equipo de Primeira LNFS esta tempada recollendo o ronsel de Juanlu Alonso, formalizou a súa renovación por un ano na sede do club esta mañá, xunto ao presidente da entidade, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez. “O nome de Daniel Ibañes xa figura na historia do club; queremos apostar pola súa profesionalidade á fronte dun cadro que xa nos concedeu o privilexio de poder disputar, por segundo ano, a Copa de España e que seguirá traballando por conseguir máis logros” explicou o dirixente laranxa.
“Estou moi a gusto aquí e moi contento pola confianza depositada no meu traballo; desde o día que cheguei o trato foi inmellorable tanto do club e dos xogadores como da vila” recoñecía así Daniel a súa satisfacción polo acordo tras a sinatura da súa continuidade. “Tiña moitas ganas de volver a unha liga tan competitiva e bonita como a española. Creo que estamos cumprindo co obxectivo; traballamos pola consolidación na categoría e gañamos o premio de disputar por segunda vez na historia do club a Copa de España” reflexionaba o adestrador burelista sobre os seus primeiros meses na Mariña facendo mención tamén aos desexos deportivos a curto e longo prazo: “A competición está moi igualada e oxalá poidamos seguir pelexando pola motivación do play off. Espero acabar ben este ano e seguir a próxima tempada facéndoo mellor”.























A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
