Burela, 18 de xaneiro de 2015.- A brasileira Daniela Domingos Lopes, Dany (São Paulo, 1984), xa está en España para incorporarse ao CD Burela FS Pescados Rubén, procedente do Clube Atlético Taboão da Serra. A pivote, que xa defendeu a camisola laranxa na tempada do dobrete de Liga e Copa de España 2012-13, estivo arroupada na tarde deste luns na súa presentación polo presidente burelista, Manuel Blanco, e os directivos Alba Vila e José Ángel Dovale. “A chegada de Dany, unha xogadora con determinación e finalización, daralle máis folgos ao equipo para seguir pelexando por todo nesta segunda parte da tempada” declaraba o dirixente mariñán.
Dany, que se reatopará co equipo na tarde deste luns no adestramento, baixo as ordes de Lucas, amosouse entusiasmada nesta nova etapa na Mariña. “Volvo coa mesma ilusión ou máis de continuar facendo algo grande con Burela, con moitas ganas de axudar e dar o mellor de min para o equipo; temos tres obxectivos, Copa Galicia, Liga e de novo a Copa de España. Só penso en adestrar, xogar e ir a por todas” afirmaba cun brillo especial nos seus ollos.
Sao Caetano do Sul foi o destino na súa terra despois da estancia en Burela, co que conseguiu os títulos de campioa nos Jogos Regionais e vicecampioa na Liga Paulista e nos Jogos Abertos. En 2015 trasladouse ao Taboão, que pechou coa medalla de prata nos Jogos Regionais e na Liga Paulista. “Foron tres anos moi bos, aínda que non conseguín os logros de Burela” valoraba a nova burelista, que volverá lucir o 3 laranxa, nunha liga que seguiu vivindo a miles de quilómetros con “certa envexa” a través das redes sociais. “Non puiden volver antes por motivos académicos, aínda que botaba de menos formar parte dunha liga tan ben organizada e bonita” explicaba a brasileira, que atopou no Burela e nas súas xogadoras a xustificación perfecta para volver cruzar o charco: “A competitividade do Burela e volver xogar con antigas compañeiras, como Peque, Maite, Jozi ou Bea Mateos, coa que estiven en Valladolid, foron as principais razóns para decidirme”.
Dany xa está ansiosa por revivir a maxia de Vista Alegre. “O meu último partido en Vista Alegre sempre será inesquecible, gañamos a liga fronte a Navalcarnero, foi unha sensación marabillosa, cun pavillón cheo, coa xente amosándonos todo o seu agarimo e apoio. Espero que o meu novo debut sexa o antes posible e a poder ser na casa” concluía a pivote.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
