Mondoñedo, sábado 16 de xaneiro de 2016.- Mondoñedo homenaxeará este ano a figura de Victoriano López García, mindoniense que dedicou a meirande parte da súa vida ao mundo do cine, ocupando diferentes cargos vinculados coa cinematografía, ademais de destacar a súa labor docente e investigadora nesta área. O Goberno local está a elaborar unha proposta de actos aberta, que se celebrarán principalmente no mes agosto, coincidindo co mes de falecemento do cineasta.
Así, dende o Concello de Mondoñedo estúdase a proxección de películas durante o mes de agosto en diferentes localizacións da cidade, como son a Praza da Catedral, a do Concello, o Barrio dos Muíños ou a Alameda. Priorizarase o audiovisual galego e os temas de actualidade, ademais de filmes e audiovisuais vinculados con Mondoñedo, como son Flor de Santidad, Novo de Parmuide, Terra de Miranda ou Del Miño al Bidasoa. Tamén se prevé contar coa participación e coloquio dalgún dos participantes nas rodaxes.
O programa de actos nos que se está a traballar dende o Goberno local, tamén inclúe a instalación artística na Casa da Xuventude, -único edificio que foi cine na localidade e que segue a ser de propiedade municipal- de elementos cinematográficos vinculados a Mondoñedo. Ademais, prevese a celebración dun concerto con música de bandas sonoras e a animación polas rúas virá da man de grupos de teatro coa preparación de representacións teatrais itinerantes. De igual maneira, coincidindo coa data de pasamento de Victoriano López García tamén se celebraría unha conferencia sobre o mindoniense.
Mondoñedo, o espazo elixido para a primeira proxección cinematográfica lucense
En 1999 celebrouse en Mondoñedo o primeiro centenario da chegada do cinematógrafo á cidade. A localidade acolleu a primeira proxección cinematográfica que se organizou na provincia de Lugo. Con este motivo rendéuselle a Victoriano López García unha “merecida” homenaxe na súa cidade natal, “a quen tanto fixera polo cine español”, incide a alcaldesa, a popular Elena Candia. Con este motivo, colocouse unha placa de mármore na súa casa “que recorda en letras vermellas que D. Victoriano López García naceu en Mondoñedo o 23 de marzo de 1910”.
Sobre Victoriano López
Victoriano López García naceu en Mondoñedo o 23 de marzo de 1910. Dedicou toda a súa vida ao cine, polo que recibiu o Galardón de Honra na IV edición dos premios Goya.
Victoriano López García ingresou na Subcomisión Reguladora da Cinematrografía en marzo de 1940 co cargo de Xefe de Sección de Materias Primas e Laboratorios. Tras a disolución desta subcomisión, pasou ao Servizo de Ordenación Económica da Cinematografía, sendo designado Subxefe do servizo e Xefe da sección de industria tal e como se publica no B.O.E. do 12 de xuño de 1952. Tempo máis tarde desempeñou o cargo de Xefe de créditos e Secretario técnico do Instituto Nacional de Cinematografía, así como Xefe de Mercados Cinematográficos e de Subvencións.
Ao inicio dos anos corenta do pasado século comeza a súa labor como docente nun curso de cine organizado pola Escola Especial de Enxeñeiros de Madrid e a finais desa década fundou e dirixiu o Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas (I.I.E.C.), que posteriormente se pasaría a chamar Escola Oficial de Cinematografía. Foi profesor de destacados directores como Luis García Berlanga, José Luis Borau, Juan Antonio Bardem e Carlos Saura, entre outros.
Foi ademais responsable de fundar e dirixir a revista “Cine experimental”. “Técnica del cine sonoro, en color y relieve”, “Lecciones sobre cinematografía”, “La industria y la producción de películas”, “La industria cinematográfica española”, “Electroacústica”, “Acústica” ou “Chequeo al cine español” son algúns dos tratados que publicou o mindoniense.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



