Burela, 29 de xaneiro de 2016.- Mujeres en Igualdad Burela, asociación sen ánimo de lucro cuxos fins principais son a protección da muller e a loita contra a violencia de xénero, organiza ao longo de todo o ano xornadas, seminarios, cursos e campañas de prevención contra a violencia de xénero, tamén organiza Concentracións para condenar a Violencia de Xénero tal e como fixeron no día de hoxe así como a que tivo lugar a pasada semana. Lamentablemente, terá que seguir facéndoo mentres e en tanto non cese esta lacra social.
Mary Fraga, presidenta de Mujeres en Igualdad Burela, comenta que a concentración deste venres tivo lugar na Praza de Abastos de Burela e non diante do Concello como vén sendo habitual, porque este venres a convocatoria coincidía cun reparto de alimentos que Mujeres en Igualdad Burela tiña organizado para as persoas máis desfavorecidas de Burela nese mesmo lugar. A pouca participación deste venres nesta convocatoria, do mesmo xeito que en moitas das anteriores que se organizaron, indícannos claramente a pouca concienciacion da poboación en xeral cun tema tan trascendental como é a violencia de xénero e a súa prevención. “Quizais esteamos fallando á hora de facerlle chegar á poboación toda a informacion en canto a violencia de xénero, e teñamos que profundar máis tanto nós, como as Administracións e demáis organismos implicados na loita contra a violencia de xénero con campañas de prevención e asesoramento, xa que creemos que a información é moi necesaria para que a poboación comprenda a magnitude desta lacra social, porque se non a comprende, difícilmente acudirá a este tipo de convocatorias, cuxa asistencia sempre esta moi por baixo do que debera estar dada a importancia do tema a que nos referimos.
Desde Mujeres en Igualdad Burela queren recordarlles a todos o veciños de Burela e da Mariña Lucense, que a violencia de xénero é cousa de todos, que pasou, está pasando e volverá pasar nun futuro se non nos unimos todos para parar esta lacra.
Hai pouco vivimos as consecuencias da violencia de xénero moi preto de nós, na propia Mariña Lucense, tres mulleres resultaron mortas! Aqueles días moitos veciños comprenderon a magnitude desta lacra. O preto das nosas vidas que estaba ocorrendo. Poderían ser nosas nais, nosas irmás, nosas avóas, nosas amigas… foron nosas veciñas!! E entón si saímos á rúa e si dixemos Non á Violencia de Xénero! Pero hai que seguir facéndoo! Hai que continuar dicindo Non á Violencia de Xénero, porque lamentablemente esta lacra non cesou! Seguen matando mulleres! Seguen deixando nenos orfos…!! Por iso temos que seguir saíndo á rúa, unidos, porque soamente se nos mantemos unidos nesta loita, conseguiremos gañar esta batalla!



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



