O diccionario da R.A.E.define “apelido” como o nome de familia co que se distingue ás persoas. A función do apelido é a de servir de complemento ó nome de pía para evitar confusións. Acaso un dos recursos mais antigos fora o uso dalgún apodo ou mote, ademais do nome de nacemento. A fixación dos apelidos comeza coa difusión do uso de documentación legal e notarial a partir da idade Media. Entre as diversas orixes que pode atribuirse a un apelido está o toponímico; é decir aquel que se fixa en función da procedencia do individuo. É ésta unha modalidade que ven de moi antiguo, pois arredor de medio milenio antes de Cristo poden citarse, por exemplo, a Tales de Mileto ou Pitágoras de Samos, ambos nativos dos devanditos lugares, no mar Exeo..
Foi no ano 1991. Un programa moi exitoso de TVE, Tribunal Popular, escenificaba o xuizo a unha causa de actualidade. A mesma contaba coa presencia de tres prestixosos xornalistas: Xavier Nart, no papel de fiscal; Ricardo Fernández Deu, abogado defensor e Xavier Foz, xuiz e director do espacio, así como un xurado popular formado por un número determinado de persoas.
Nunca soubemos por qué, fumos convidado a participar nun deles, para o que viaxamos a San Cugat del Vallés, (Barcelona) dende onde se emitía o programa. Confesamos que o verdadeiro interese noso, dende que recibimos a inesperada invitación, era a posibilidade de coñecer polo miúdo a historia do apelido homónimo da nosa vila así como a ilusión de que, por ese coñecemento descubríramos algún tipo de relación co noso pobo, por insignificante e afastado no tempo que estivera. Pero a nosa curiosidade non quedou satisfeita nen a utópica ilusión consumada, pois o señor Foz- o xuiz- só coñecìa, e non moito, do referido á súa familia e quedounos o desexo de seguir indagando.Non é moito o que logramos saber: só que é de orixe francés e que o escudo heráldico é simple: en ouro, seis roeles, postos en dous paus e coroado por artístico remate. Sen dúbida, a través dos Pirineos chegarían algúns Foz á península dos que entón localizamos l35 persoas en diversas zonas do estado; nengunha no noroeste. Nunca mais soubemos daquela estirpe de “Foz”…..

















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



