Cervo, 29 de xaneiro de 2016. A segunda reunión para a creación dun centro de artesanía por parte do Concello de Cervo no conxunto histórico artístico de Sargadelos, iniciativa que conta xa con sete interesados en participar, celebrarase este venres. Anunciouno o alcalde, Alfonso Villares Bermúdez, despois da xuntanza, na que tamén participaron os concelleiros Dolores García Caramés e Plácido Pérez Otero.
Alfonso Villares explicou que a esta reunión “foron citados aqueles artesáns que mostraran interese en situar aí a súa zona de traballo ou de exposición. A esta segunda xuntanza viñeron 7 artesáns, que mostran interese, dun ou doutro xeito, por instalarse en Sargadelos. E iso é o que a nós nos importa, porque queremos crear un centro de artesanía neste conxunto histórico artístico de Sargadelos, un sitio que recibe a moitos visitantes ao longo do ano, evidentemente moitos máis nas épocas de ocio estivais e en datas festivas, pero durante todo o ano son moitas as persoas que acoden a este conxunto histórico artístico”.
O rexedor engadiu que na xuntanza celebrada este venres “aparte de que cada un deles nos mostrou as peculiaridades e as necesidades da súa artesanía en concreto, tamén nos valeu para ir xa perfilando como imos deseñar e como se vai facer, para desde o Concello poñernos cantos antes a traballar para preparar estes locais. Concretamente vai ser nas antigas caballerizas de Sargadelos, onde o edificio xa está rematado, tanto as paredes como o teito, e unicamente temos que facer os tabiques interiores, os chans e levar as infraestruturas de auga, luz e a rede de sumidoiros. Son as obras que desde o Concello vamos facer para preparar estes locais e poñelos canto antes a disposición daquela xente que quere ter o seu centro de artesanía no noso conxunto histórico artístico. É un proxecto que desde o Concello de Cervo temos moito interese en poñelo a funcionar, pero agora mesmo queda un trámite previo, porque unha vez que perfilemos o proxecto teremos que enviarllo a Patrimonio para que nos dea o visto e prace”.
O alcalde rematou manifestando que a reunión deste venres “serviu para avanzar, sobre todo coa satisfacción de ver que hai artesáns interesados en estar neste conxunto histórico artístico”.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



