A Agrupación Teatral Mariñán, de Betanzos, achega a Ribadeo a obra “O de menos é o nome”. “A peza vai de dous cuñados, de Gustavo Adolfo Bécquer, do Bolero de Ravel, dun corte de pelo, das chaves do trasteiro, duns coreanos, dunha piscina en Cuenca, dun embarazo desexado con estrés prenatal, de complexas relacións de familia arredor un bufé marroquí. En definitiva, do que ocorre cando nos poñemos a falar e sacamos todo o que levamos agochado dentro”. Terá lugar no Cine-teatro este sábado 23 ás 20.30 horas e o prezo da entrada será de 3 euros.























A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



