Burela, a 23 de xaneiro de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do concello de Burela manifestou este sábado que “o goberno socialista da parálisis non é capaz de facer os seus primeiros presupostos, os de 2016, porque o asunto non figura na orde do día da convocatoria da comisión de asuntos de pleno que se celebrará o vindeiro luns, previa ó pleno ordinario de xaneiro”.
Segundo os populares, que alertan de “fisuras dentro do grupo de paralizados que intenta gobernarnos, dado que tiveron algunha reunión sobre os presupostos que rematou sen acordo entre eles”, os orzamentos municipáis para este ano “nin están e, de momento, nin se lles agarda, e vemos unha vez máis como o alcalde mentiu doblemente cando primeiro dixo que os presupostos para este ano se aprobarían a fináis de 2015 e despóis dixo que se aprobarían no pleno ordinario de xaneiro, o que se celebrará a vindeira semana, e polo que vemos na documentación eso non será posible porque o alcalde non presenta os presupostos para a súa aprobación”.
Segundo o GMP, “a situación é doblemente grave. Por unha parte, a incapacidade do goberno actual de presentar os seus presupostos. Pero por outra, vai resultar que o PSOE está vacío de ideas para levar ós presupostos municipais. Logo do que criticaron ó goberno anterior do PP, deberían aproveitar o tempo para marcar as liñas maestras da súa actuación e dotar de fondos as mesmas e sacar adiante canto antes os presupostos para 2016; como esto non acontece,
Para o GMP, “estamos cos presupostos de 2015 prorrogados, que foron aprobados polo goberno do PP, tarde, hai que recoñecelo, porque o posto de intervención cubrírase interinamente a principios de novembro de 2014; e ainda que os socialistas votaron en contra, os presupostos de 2015 non debían ser tan malos, porque son os que está usando o actual goberno, que non se apura nin pouco nin moito para aprobar os de 2016”.
Os populares afirman que “o alcalde e a súa concelleira de Economía non teñen disculpa nin auga que os lave: en 2011, o PP tivo que pedir un crédito dun millón cen mil euros para pagar as facturas do bipartito que atopou sen pagar, cousa que agora este goberno non tivo que facer. E por outra banda, o concello conta agora con interventor fixo desde agosto de 2015, cousa que non lle pasou ó PP para elaborar os presupostos do ano pasado”.
“Polo tanto, considera o GMP, consideramos que o alcalde debe dar as explicacións pertinentes e non tentar refuxiarse na tardanza que tivo o PP na aprobación dos presupostos de 2015, dado que a situación do posto de intervención era totalmente distinta á actual; e por suposto, pedir perdón por ter mentido sobre os prazos de aprobación do presuposto, dado que Burela non se merece un alcalde que minta. E á concelleira de Economía, que vista a súa incapacidade nas áreas que dirixe a día de hoxe non acertamos a saber quén a colocou na candidatura socialista, ainda que o intuimos, pero que cobra 14.000’00€ ó ano de todos os cidadáns deste concello, recomendámoslle que, se non é capaz de facer os presupostos, mellor que se adique á súa profesión e deixe o cargo para outro que lle adique máis tempo e saque as cousas adiante”.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



