Burela, a 18 de xaneiro de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do concello de Burela considera que “a xestión da concelleira de Servicios Sociáis é manifestamente millorable, por non decir que é negativa ou cando menos nula, xa que a estas alturas do mes de xaneiro nada se sabe de cándo van comenzar os cursos de bordado, bolillos e manualidades para as mulleres do noso concello, logo de que tampouco os houbera no último trimestre do ano 2015. Pola culpa da concelleira delegada, máis de duascenta mulleres de Burela levan cinco meses sen poder facer as actividades que sempre fixeron”.
Os populares lembran que “a concelleira dixo hai xa dous meses que a principios de ano comenzarían os cursos; pois ben, temos que concluir, cando menos, que esta señora non é de fiar e tén moi pouca palabra, porque reiteramos que nada se sabe sobre o comenzo dos mesmos. Despóis de sete meses con responsabilidades de goberno, esta concelleira delegada está sumida na parálise, coma o resto do goberno municipal, porque non foi capaz de poñer en marcha unhas actividades que se levan facendo desde hai moitos anos, comenzaron con Raquel Río de concelleira, continuaron con Neves Cando sen problemas e milloraron con Diana Durán, e agora con esta señora vemos como se paraliza todo. E faise sen que se dea ningún tipo de explicación seria ó respecto”.
“O peor de todo, aseguran desde o GMP, é que esta señora cobra 14.000’00€ ó ano e que ainda cobrando non foi capaz a axilizar os cursos para as mulleres, quenes son as que, en definitiva, sofren as consecuencias da nefasta política desta concelleira. Esta señora, cobrando dos cartos de todos, non está facendo nada, polo que non estaría de máis que devolvera o que leva cobrado”.
O GMP “pídelle que explique de unha vez por todas qué vai pasar cos cursos de mulleres e que diga a verdade. E que tamén explique qué está a pasar co programa de Educando en Familia, xa que todo apunta a que as familias con nenos de 0 a 3 anos acollidas a este programa están tendo problemas serios de espacio para realizar un programa que iniciou o goberno do Partido Popular e que tiña mui boa acollida entre as familias”.
Os populares consideran que “a política de servicios sociáis do goberno municipal está paralizada, como está prácticamente toda a actividade do goberno. Fan o que non queda máis remedio que facer, e todo coa complicidade e consentimento do alcalde, que é o primeiro que fai deixación das súas función e é o máis claro exemplo do que é falar moito e non facer nada”.
















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



