Lugo, 26 de xaneiro de 2016.- O Grupo Popular logra reforzar as competencias do Pleno para garantir un mellor funcionamento da Deputación e que esta institución sexa “máis eficiente ante a inoperencia e imposibilidade de Goberno do bipartito”. Neste senso, a moción dos populares sobre a revogación das delegacións de competencias efectuadas polo Pleno a favor da Xunta de Goberno, logrou o apoio maioritario da corporación, pese ao voto en contra de socialistas e nacionalistas.
Os populares presentaron no pleno de hoxe esta iniciativa, tras levar a cabo no mes novembro unha moción para a modificación do Regulamento Orgánico da Deputación, aprobada por unanimidade, e cuxo primeiro punto solicitaba o que hoxe se debateu, o restablecemento no pleno de todas as competencias, que no seu día foron delegadas á Xunta de Goberno. O PSOE e o BNG están a bloquear de “xeito reiterado”, que a Deputación teña un novo regulamento e máis, sendo sabedores da nosa moción, presentan hoxe unha proposta “coa que intentan pisar a nosa”, explicou o vicevoceiro provincial, Carlos Armesto. “Nós reiteramos un dos puntos, xa utilizamos todas as fórmulas para poñerlle iniciativa a deixadez do Goberno”, dixo.
Proposta do Goberno sobre o Regulamento Orgánico
En relación con esta proposta do Goberno sobre Regulamento Orgánico, o vicevoceiro provincial, Carlos Armesto, lamentou estar na Deputación de Lugo ante un Goberno “vago e incompetente”, que practica un “ninguneo” constante aos acordos adoptados por unanimidade pola corporación provincial. Os populares non poden aceptar a proposta de modificación do Regulamento Orgánico da Deputación que presenta o PSOE e o BNG, unha vez que coñecen a presentación da moción popular, xa que están a incumprir co acordo aprobado por todas as forzas políticas no pleno de novembro de 2015 tras o rexistro dunha moción do PP. Os socialistas e os nacionalistas non abordan a meirande parte dos puntos do acordo, como son o dereito á información que leva implícito copia dos documentos, a modificación das condicións de traballo dos deputados non adscritos ou a regulación dos locais para os deputados.
Armesto asegura que “empezamos a perder a conta das veces nas que este goberno bipartito incumpre os acordos da maioría da corporación, así xa no mes de decembro, intentaron aprazar a execución do acordo de modificación do regulamento, e ata finais deste mes non convocaron a Comisión para tratar este asunto e “para a nosa sorpresa, volven a incumprir o acordo neste pleno”.
Polo tanto, o popular pediulles que se poñan a traballar e “acaten os acordos. “Convóquennos cando queiran para que o regulamento se modifique tal cal o acordo plenario de novembro, tendo en conta que volveu a ser aprobado hoxe por unanimidade atendendo aos catro artigos que demandamos”. Se non o fan, engade, “teremos que repensar os salarios que perciben xa que non son quen de Gobernar esta institución”.
Apoio aos traballadores
A maiores, a vagancia do Goberno bipartito do PSOE e do BNG manifestouse na súa proposta sobre mellorar os sistemas de garantía dos dereitos do persoal das empresas que realicen obras ou servizos para a Deputación de Lugo. Nela pedían solicitar aos Servizos Xurídicos e de Contratación un informe que contemple as posibilidades legais existentes para garantir os dereitos dos traballadores. O deputado, José Antonio García, acusounos de non ter os deberes feitos xa que “no lugar de acordar no pleno a solicitude do informe, se realmente lle importasen os traballadores, deberían traer unha proposta, con base en informes xurídicos, para o seu análise polo pleno”. “Traían vostedes algo”, instounos, xa que “non necesitan vostedes do pleno para traer ese informe, traían xa o traballo feito”, engade o popular, quen se pregunta, “que é o que pretenden?, xa que tampouco lle fan caso aos acordos plenarios. Vostedes non están capacitados para gobernar ou simplemente se rin do pleno”. Polo tanto, José Antonio García pediulles que “deixen de facer o paripé e traballen. Este grupo defende, como non pode ser doutro xeito, o cumprimento dos dereitos dos traballadores e traballadoras, así como dos empresarios e empresarias que desenvolven o seu labor”, engadiu.
De igual xeito, durante a sesión plenaria os socialistas e nacionalistas tamén “fixeron política cun corpo tan responsable como é dos bombeiros”, lamentou a voceira popular Elena Candia, durante o debate da proposta de goberno sobre a xestión dos parques provinciais. Tras manifestar o seu recoñecemento a estes profesionais e deixar clara a súa colaboración nas reivindicacións deste Corpo, a popular lamentou que o Goberno da Deputación de Lugo “estea a saltar a lealdade institucional e os acordos adoptados na reunión celebrada o 12 de xaneiro co vicepresidente da Xunta”. Neste encontro, dun xeito unánime, todas as deputación galegas, que propugnan un cambio no modelo de xestión, acordaron achegar unha proposta que garanta a súa viabilidade tanto dende o punto de vista como respecto ao mantemento dos postos de traballo.
Os populares rexistraron unha emenda para que o Goberno provincial cumprise co acordo unánime adoptado na reunión citada, que non foi aceptada por socialistas e nacionalistas, saltándose a “lealdade institucional, xa que non pasou nin un mes desa xuntanza”. “Detrás miña, virá quen bo me fará”, citou a popular en referencia ao actual presidente da Deputación, xa que “polo menos, Besteiro neste ámbito sempre buscou a unanimidade e chegar a un acordo, polo ben destes profesionais”. Estamos de acordo en peticións da proposta, como a elaboración dun regulamento do bombeiro profesional e do voluntariado, pero non “en facer política con estes traballadores”.
Residencia en Becerreá
En canto á construción dunha residencia no Concello de Becerreá , o Grupo Provincial do PP defende o cumprimento dos acordos tomados pola maioría. Deste xeito, recorda que o consello de Suplusa acordou o financiamento desa dotación, polo que explican que non incluíla nos Presupostos, ao igual que as de Portomarín e O Caurel, sería incorrer nunha incoherencia por parte do bipartito. “Cumpran os seus compromisos sen manobras chantaxistas e así contarán co noso apoio”, incidiu a deputada Mari Teijeiro.


















Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



