Lugo, 13 de xaneiro de 2015.- O Grupo Provincial do PP conseguiu na tarde deste mércores no Consello de Administración de SUPLUSA un incremento de 2,5 millóns de euros nos Orzamentos cos que contará a entidade para desenvolver o seu plan de actuación, investimento e financiamento do presente ano. Así, a contía sobe ata os 5.953.200,86 euros no apartado de ingresos de explotación.
En concreto, os populares demandaron un investimento de 556.973,88 euros a maiores para desenvolvementos en execución nas áreas industriais de Burela, O Vicedo, Trabada, Abadín, Riotorto, Lourenzá, Vilalba, Meira, Cospeito, Pol, Begonte, Castroverde, A Fonsagrada, Pedrafita, Baralla, Becerreá, Láncara, Antas de Ulla, Guntín, Paradela, Samos, O Incio, O Saviñao, Chantada, Carballedo, Pantón, A Pobra do Brollón, Sober, Viveiro-Chavín, Monforte e Triacastela. A partida final, tras o incremento no Orzamento proposto polo PP, é de un millón de euros.
Os outros 1.943.206,12 euros irán destinados, a petición dos conselleiros do PP, á construción de fogares residenciais con centro de día. Os populares logran ademais dúas novas residencias que se construirán en Folgoso do Caurel e Portomarín. A partida destinada a estes proxectos sociais aumenta así ata os 4.552.608,37 euros.
A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, afirma que non se explica o recorte no orzamento que quería aplicar o bipartito, polo que serán os populares os que garantan un incremento da contía que vai repercutir de xeito esencial no desenvolvemento industrial da provincia e dará un impulso á creación de residencias para maiores en concellos nos que non estaban proxectadas por socialistas e nacionalistas.
O PP lamenta que socialistas e nacionalistas votaran en contra das emendas propostas polo Grupo Provincial Popular, que finalmente se aprobaron con cinco sufraxios a favor, fronte aos catro en contra do bipartito e que permiten a ampliación do Orzamento en 2,5 millóns de euros.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



