Lugo, 29 de xaneiro de 2016.- O Grupo Provincial do PP lamenta a “nula vontade” do bipartito na Deputación por aprobar uns Orzamentos “que beneficien a todos os Concellos da provincia”. Os populares mantiveron na tarde deste venres unha nova xuntanza de voceiros na que PSOE e BNG ofreceron un incremento do Orzamento de 2,3 millóns de euros, cando as peticións do PP, propostas para axudar a todos os Concellos de Lugo, suman preto de 8 millóns de euros. Así, tan só darían resposta ao 28% do que se lle solicita, unha contía que o PP non pode aprobar.
Os populares puxeron enriba da mesa as súas demandas desde a primeira xuntanza, polo que pedirán que, de existir novas propostas, se lles entreguen por adiantado e por escrito “para evitar perder o tempo en reunións nas que non avanzan nada con respecto ás anteriores”.
A voceira do PP, Elena Candia, explica que o seu grupo mantén, desde o inicio, “a mellor dispoñibilidade” en aras a acadar o mellor para toda a provincia, polo que sostén que seguen abertos a novas propostas nas que se inclúan a totalidade das súas demandas, aquelas referidas ao POS e aos servizos sociais, entre outras.
Os populares aclaran ademais que non van consentir que o Goberno provincial siga a expensas dos seus enfrontamentos co señor Martínez mentres non se lle dan resposta aos problemas que ten a provincia.
“Se non teñen vontade de diálogo ou manteñen a súa nula capacidade para negociar, que sometan os Orzamentos ao Pleno para que sexa este órgano soberano o que decida. O que non imos é seguir participando das maniobras dilatorias do presidente nas que vemos que non existe vontade real de chegar a acordo ningún”, conclúe.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



