Bruxelas, 27 de xaneiro de 2016.- O pasado 2 de decembro distintos colectivos e organizacións que loitan pola defensa das rías e ríos da Galiza participaron en Bruxelas nun encontro con Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) e Jose Manuel Servert, representante da Comisión Europea pertencente á unidade adicada ao seguimento de infraccións e cuestións xurídicas. Nesa xuntanza subliñouse como un dos principais axentes responsábeis da mala situación das nosas rías e ríos precisamente á propia Administración.
“Ver un goberno en funcións tomando a decisión de conceder 60 anos máis de licenza a unha fábrica contaminante é un claro exemplo de como o Partido Popular xestiona as cuestións meidoambientais actuando igual que o raposo ‘coidando’ das galiñas”, valorou este mércores a eurodeputada de AGEe dende Bruxelas.
“O PP xa non é que non faga políticas para mellorar a calidade de vida das persoas, senón que directamente fai políticas en contra de todas e todos nós”, criticou, “é vergoñento velos apurando o intercambio de favores co sector privado á costa da saúde da poboación e da riqueza da Ría”.
Como trasladou no mes de decembro en Bruxelas a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), e reiterou este mércores Senra, “se de verdade se quere acadar o saneamento e recuperación da Ría o camiño é a eliminación definitiva de ENCE”.
Aliás, se pensamos nas fontes de emprego vinculadas ao aproveitamento racional da Ría, “na actualidade está catalogada como Zona C por culpa da contaminación de ENCE, o que supón a perda de moitos postos de traballo, especialmente o das mulleres que exercen a actividade marisqueira”, como nos explicaron as representantes da Agrupación de Mariscadoras a Pé da Confraría de Pescadores de San Telmo de Pontevedra, presentes tamén na xuntanza mantida ca Comisión Europea.
Lembremos ademais que esta fábrica foi construída no ano 1958 baixo ditadura franquista, expropiando forzosamente as terras e reprimíndoa forte contestación da cidadanía, unha oposición social con especial protagonismo das mulleres mariscadoras, que eran conscientes da máis que posíbel desaparición dos seus postos de traballo.
Dende AGEe poremos en coñecemento da Comisión Europea, a través do propio Servet, o feito de que o goberno do PP en funcións vén de ampliar a actividade desta empresa contaminante.
















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



