Bruxelas, 13 de xaneiro de 2016.- A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, co-asinou unha carta dirixida ao Comisario de Saúde e Seguridade Alimentaria, Vytenis Andriukaitis, subscrita por máis de cincuenta eurodeputadas/os, na que expresan a súa fonda preocupación pola avaliación realizada pola Autoridade Europea para a Seguridade dos Alimentos (EFSA) na que minimiza o grao de cancerosidade do glifosato -compoñente empregado como herbicida, presente na marca comercial Roundup, o herbicida máis comercializado do mundo, propiedade da polémica transnacional da alimentación transxénica Monsanto-, trasladada a través dun informe publicado o pasado 12 de novembro de 2015.
A través desta misiva as eurodeputadas expresan tamén o seu apoio público á carta enviada por 96 científicos ao Comisario Andriukaitis no propio mes novembro do ano pasado desacreditando a valoración da EFSA.
Asemade, as deputadas/os lamentan neste escrito a falta de transparencia da EFSA, critican que os estudos nos que se basea non se teñan feito públicos e, sobre todo, instan a absterse de prorrogar a autorización do emprego do glifosato en territorio europeo, que será valorada pola Comisión e os Estados ao longo deste ano.
Aliás, lembran que a Comisión Europea está a “vulnerar o dereito comunitario” en relación a aquelas substancias sospeitosas de ser distruptoras endocrinas, como sinalou xa o Tribunal de Xustiza Europeo o 16 de decembro de 2015 en relación a unha denuncia realizada por Suecia, afirmando que “ao non adoptar actos delegados no relativo á especificación dos criterios científicos para a determinación das propiedades perturbadoras do sistema endócrino, a Comisión non cumpriu as súas obrigacións en virtude do Regulamento nº 528/2012”.
O posicionamento público da EFSA, organismo fortemente criticado por entidades sociais como o Observatorio Europeo das Corporacións por mor da súa connivencia ca agroindustria e falta de independencia, resulta especialmente polémico ao pretender contradicir[1] o publicado pola Axencia Internacional para a Investigación sobre o Cancro (IARC), dependente da Organización Mundial da Saúde (OMS) no mes de marzo. Neste documento a OMS cualifica o glifosato como “probablemente canceríxeno para o ser humano”
Para a eurodeputada de AGEe, a publicación da posición da EFSA non é casual, senón que “forma parte da estratexia de influencia na lexislación europea que manteñen constantemente os lobbies da agroindustria”. Durante este ano 2016, advertiu Senra, “vai ser sometida a revisión a actual autorización para o emprego do glifosato na UE, maioritario en Estados como o español”. O informe da EFSA estaría polo tanto orientado a minimizar o impacto do posicionamento doutras institucións de referencia, como a OMS e a IARC, no momento en que se valore renovar a autorización.
As acusacións do efecto canceríxeno provocado polo glifosato tiveron unha das súas confirmacións máis mediáticas no ano 2012, cando se deu a primeira condena xudicial contra fumigacións a través dun xuízo celebrado en Arxentina[2]. Sobre as altas tasas de cancro neste país, asociadas ao emprego do glifosato, gozou de grande repercusión mediática o estracto do documental francés “Bientôt dans vos assiettes” (2014) -Logo no seu prato-, no que o seu director Paul Moreira tomoulle a palabra ao polémico fundador de Greenpeace, Patrick Moore -transformado a día de hoxe nun defensor dos organismos modificados xeneticamente-, que chegou a retruncar o efecto canceríxeno do glifosato en Arxentina afirmando que podería mesmo beber un vaso cheo de glifosato. Nembargantes, cando o director Moreira lle oferta un vaso, Moore afirma “Non o vou beber, non son idiota”.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



