16 de febreiro de 2016.- A A.S.D.R. Terras da Mariña organiza para este sábado no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao un recital de habaneras, que contará coa actuación dos grupos Mar Aberto, de Foz, e Escolma de Meus, de Viveiro.
A entrada terá un prezo de 2,50 euros, e incluirá un 2×1 en consumicións na cervexaría Nordesía.
É colaborador especial do acto o Concello de Cervo, e patrocinan: O Forno de Pepe, Suministros San Ciprián, Floristería Pétalos, Carnicería Ben & Vior, Librería Cantigas, e Ferretería e Bazar Cándido, todos eles de San Cibrao; Establecimientos Rey (Xove), Restaurante Sierra (Vilar, Lago, Xove), Sitio (Burela) e DeportIbérica (Lalín).
Este recital serve como inicio dunha serie de eventos organizados por Terras da Mariña que se irán anunciando en próximas datas.