Lugo, 17 de febreiro de 2016.- O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, sumarase este xoves á viaxe en tren máis reivindicativa da historia de Galicia. E éo porque nela participarán membros de colectivos de toda índole e que representan a máis de 50.000 veciños.
Concretamente, algúns deles son: Federación de Asociacións de Veciños de Lugo; Federación de Comercio; Asociación Provincial de Hostelería; Confederación de Empresarios; Colexio de Graduados Sociais; Asociación da Prensa; Colexio de Avogados de Lugo; Cruz Roja; Asociación de Talleres; UGT, CC.OO ou CIG-Saúde.
Xunto a Darío Campos, estarán a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López; o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé; o Alcalde de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela Vega; a Alcaldesa do Incio, Laura Celeiro; a Alcaldesa de Sarria, Pilar Yañez; o Alcalde de A Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda; a Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín; a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro; o Alcalde de Monterroso, Jesús Otero e o Alcalde de Rábade, Francisco Fernández. Tamén participarán outros membros do Goberno Provincial, como o Vicepresidente, Antonio Veiga; así como senadores, deputados autonómicos e nacionais.
Lugo, a provincia esquecida
A comitiva reclama máis conexións ferroviarias con Madrid ou Barcelona; mellorar o servizo de cercanías, que practicamente non existe, tendo en conta non só a cidade de Lugo, senón tamén as conexións con outras vías da provincia, como Sarria, Guitiriz ou Monforte; prezos competitivos e promocionais; que se supriman pasos a nivel na cidade do Cabe, así como que se constrúan outros sobre as vías en Rábade; que se promova a construción da Estación Intermodal na cidade Luguesa e a chegada do AVE á provincia; impulsar o transporte de mercadorías, especialmente coas plataformas loxísticas ou a posta en marcha dun plan para mellorar o FEVE na Mariña, entre outras reivindicacións dos veciños da provincia.
Lugo é a “cincenta” ferroviaria de Galicia. Por exemplo, recentemente resultou ser a única provincia da comunidade á que non lle afectou positivamente o Plan de RENFE. Todo o contrario, pois reducíronse, aínda máis, os viaxe, habendo un só traxecto diúrno a Madrid e situando a Lugo entre as provincias de España coas peores conexións coa capital do Estado.
Outros exemplos desta discriminación son que, a diferenza das restantes provincias de Galicia, en Lugo non hai, nin tan sequera, previsión para a chegada do AVE ou para a construción da intermodal. Ademais, Lugo é unha a provincia galega con menos conexións en tren á Santiago de Compostela.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



