O Observatorio da Mariña pola Igualdade continúa coa organización dos seus actos anuais e esta vez o fai coa segunda das charlas café do ano, que se celebrará o próximo venres 19 de febreiro, no local da Casa das Letras de Ribadeo, ás 20.00 horas, e na que se tratará o tema do TTIP (acrónimo en inglés do Acordo Transatlántico para o libre comercio e investimento entre Europa e Estados Unidos) abordado dende unha perspectiva de xénero e dende unha crítica feminista. A charla será impartida pola economista Carmen Castro García,especialista en Políticas europeas de Xénero e asesora en políticas de igualdade.
Queremos afondar nun debate sobre a relevancia que pode ter a aprobación deste tratado de libre comercio (por outra banda tan descoñecido) nas nosas vidas, xa que destruiría o xa de por si, incompleto benestar que lle queda a cidadanía europea, impedindo dereitos básicos que afectan a cuestións fundamentais como a educación, a sanidade, os dereitos sociais e laborais, o medio ambente , a alimentación, etc.
Dende o Observatorio tentamos abrir debates que sirvan para dar a coñecer como afectan as diferentes realidades sociais á vida da cidadanía en xeral e á vida das mulleres de maneira particular,dende un formato,o das charlas café,onde as persoas asistentes poidan atopar espazos de interación nun ambente agradable e acolledor.
Convocamos a todas aquelas persoas interesadas dende calquera punto da Mariña, á asistencia a esta charla o próximo v enres 19 de febreiro no local da C asa das Letras de Ribadeo, ás 20.00 horas.
A entrada é libre e gratuita.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



