Mondoñedo, 26 de febreiro de 2016.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo informa da imposibilidade de asistencia de Pere Gimferrer aos actos de homenaxe a Cunqueiro, por motivos alleos a este concello, e motivado pola folga de trenes de RODALIES en Cataluña. Por tanto, vémonos obrigados a suspender parte dos actos programados para este sábado 27 de febreiro, día de Cunqueiro, quedando, por tanto, convocados unicamente os seguintes actos:
– Ás 11 da mañá, Recepción Oficial na Alcaldía do Concello de Mondoñedo.
– Ás 11:30 horas, ofrenda floral ante a tumba do escritor no Antigo Cemiterio de Mondoñedo.
– Ás 12:00 horas, no Auditorio Pascual Veiga, proxección do documental Imprescindibles: El incierto Señor Cunqueiro dirixido por Antón Reixa e guionizado por Miguel Anxo Murado e emitido pola segunda canle de TVE en 2010.
Quedando suprimidos os seguintes actos:
– Entrega do premio Cunqueranus Emeritus ao poeta, crítico literario, tradutor e membro da RAE, Pere Gimferrer.
– Conferencia maxistral ás 12:30 horas, por parte de Pere Gimferrer.
– Ás 17:00 horas, mesa de traballo na que participarán Pere Gimferrer e o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa.
O Concello de Mondoñedo quere remarcar que todos estes cambios son totalmente alleos á propia vontade deste Consistorio e que se fixo todo o posible para tentar dar solución a esta situación