Porto do Son (A Coruña), 3 de febreiro de 2016.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda fixo entrega este mércores en Porto do Son de 13 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate para os servizos de Protección Civil de outros tanto concellos da Coruña e Lugo.
Segundo destacou Alfonso Rueda, o equipamento entregado este mércores forma parte dun ambicioso plan de mellora dos medios materiais dos que dispón a Comunidade Autónoma de Galicia e que permitirá mellorar a eficacia das actuacións na prevención de riscos e nas intervencións de emerxencias.
O acto contou tamén coa participación do delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Diego Calvo, e do director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor.
En concreto este mércores entregáronse catro embarcacións de catro metros de eslora aos concellos de Corcubión, Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Foz; e outras nove de cinco metros para Ares, Carnota, Malpica de Bergantiños, Miño, Muros, Muxía, Abegondo, Viveiro e Portomarín. Este material supón un investimento de 179.000 euros.
A Xunta de Galicia leva destinados nos últimos meses máis de catro millóns de euros para reforzar con medios materiais as agrupacións de Protección Civil alí onde máis o necesitan. En total, foron entregados xa máis de 60 todoterreos, 40 furgóns, máis de medio cento de remolques e máis de 30 esparexedores de sal, entre outro material, ás que hoxe se suman as 13 lanchas de salvamento.
O vicepresidente subliñou que a aposta polo voluntariado e pola atención ás emerxencias do Goberno galego se complementa coa atención á seguridade, xa que tamén se dotou ás Policías Locais de Galicia con material.






















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



