Burela, 24 de febreiro de 2016.- As instalacións de Academia A Mariña, en Burela, acollerán os días 4 e 5 de marzo un curso sobre reforma fiscal e modificacións ao que asistirán 35 alumn@s. Desenvolverase o venres de 16 a 21 horas e o sábado de 9 a 14 horas. Será impartido, segundo informa a dirección do centro, por un inspector de Facenda de Oviedo.
Fitosanitarios
Tamén a próxima semana dará comezo o curso para a obtención do carné de fitosanitarios en Burela, en Taboada e en Xinzo de Limia. Ramón Hermida recorda que “o público obxectivo para este tipo de formación vén marcado no DOG sendo obrigatorio para todo persoal que manipule produtos fitosanitarios que non sexan tóxicos, é dicir desde o persoal auxiliar dos establecementos de venda ata traballadores que o vaian comprar para uso propio ou por ser afeccionados”. O director de Academia A Mariña engade que “desde o 26 de novembro do pasado ano, os traballadores que manipulen produtos fitosanitarios, ou vaian facelo, deberán recibir a formación esixida en manexo destes produtos”.
Docencia da formación para o emprego
Ademais da formación presencial Academia A Mariña tamén imparte cursos a través da modalidade en liña. O centro oferta 45 prazas para a obtención do certificado de profesionalidade de docencia da formación profesional para o emprego. Os interesados en obter máis información poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 982 58 50 98.