O recente anuncio por parte da Xunta-SOGAMA da licitación dunha “planta de compostaxe” por 3.940.000 euros (+ IVE) que a entidade pretende instalar ao carón do macrovertedoiro da Areosa, suscita serias dúbidas sobre a natureza e a legalidade do proxecto.
O sistema de recollida de SOGAMA non permite seleccionar separadamente en orixe a materia orgánica, xa que vai misturada co “resto” no contentor verde. Xa que logo, os eventuais residuos orgánicos a tratar nesta suposta planta serían os que chegan misturados con todo tipo de rexeites no contentor verde dende as empacadoras.
O proxecto incumpre a legalidade galega, estatal e europea
ADEGA lembra aos responsábeis da Xunta e de SOGAMA que a actual Lei de Residuos 22/2011 (Art. 2) define o compost como “emenda orgánica obtida a partir do tratamento biolóxico aerobio e termófilo de residuos biodegradábeis recollidos separadamente. Non se considerará compost o material orgánico obtido das plantas de tratamento mecánico biolóxico de residuos mesturados, que se denominará material bioestabilizado”.
Asemade, o RD 506/2013 sobre productos fertilizantes, determina que compost é o “produto hixienizado e estabilizado, obtido mediante descomposición biolóxica aeróbica … de materiais orgánicos biodegradabeis, recollidos separadamente”.
E sobre o tratamento dos biorresiduos, a devandita Lei de Residuos é tamén moi clara (Art. 24): “As autoridades ambientais promoverán medidas para impulsar…a) A recollida separada dos biorresiduos para destinalos á compostaxe ou á dixestion anaerobia…b) a compostaxe doméstica e comunitaria, c) o tratamento de biorresiduos recollidos separadamente de xeito que se logre un alto grao de protección do medio ambiente levando a cabo instalacións específicas sen que se produza a mestura dos residuos ao longo do proceso…”
“Sen recollida separada, este proxecto é unha fraude”
ADEGA chama pois a atención da Xunta e de SOGAMA sobre a necesidade legal de recoller separadamente a materia orgánica do resto das fraccións, para que o produto resultante sexa considerado compost. Calquera outro sistema ou procedemento para tratar a materia orgánica dos refugallos non separada previamente, non pode denominarse compostaxe, nen o produto resultante compost.
Estamos pois perante a outra burda fraude por parte Xunta-SOGAMA: tentan dar gato por lebre facendo pasar por compostaxe o que en realidade é un proceso que terá como resultado un “bioestabilizado” que non poderá usarse como abono ou enmenda orgánica nos solos, e rematará indo a queimar ou a vertedoiro. Neste fraudulento proxecto levan gastados xa 45.000€ +IVE (asistencia técnica) e pretenden investir outros 4 milóns de € de cartos públicos.
O sistema SOGAMA baseado na incineración e o vertido incumpre a lexislación de residuos galega, estatal e europea. Por este motivo, está cuestionado perante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo que admitíu a trámite a denuncia dos colectivos ecoloxistas galegos. Con fraudulentos proxectos coma este a Xunta tenta camuflar as vergoñas de SOGAMA. Máis lle valería imitar as inciativas, estas sí, de auténtica compostaxe que están a desenvolver moitos concellos e organismos como a Deputación de Pontevedra.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



