Tarde fría, chuviosa, cun tempo ventoso que dificultou e fixo desagradable a xornada da Liga de Bolos de Xove disputada na Vara cun campo en malas condicións.
Liga Senior Masculina
José Rafael González puido deixar practicamente finiquitado o campionato; pero, unha pedriña no terreo de xogo fixo que fallase o último desquite, impedíndolle conseguir unha vitoria que lle houbese suposto practicamente asegurarse a vitoria final. Aínda así, Sócrates só conseguiu recortarlle un punto, polo que a Rafa lle queda unha ampla marxe de 15 puntos a falla de 3 tiradas para rematar. Con todo, non se debe descuidar porque Sócrates está competindo moi ben e xogando a un gran nivel.
Por detrás, confirmando tamén o seu bo momento, Arturo Vigo conseguiu auparse á terceira posición grazas á súa vitoria, en detrimento de Francisco Pérez, que deberá xogar a un gran nivel se quere recuperar ese posto de honra.
Liga Sénior Feminina
Segunda vitoria consecutiva de Salomé Cardoso, que lle permite irse aos 10 puntos de diferenza sobre Belén Meitín; a falla de tres tiradas, vaille ser moi difícil a Belén recuperar eses puntos; pero, ata o final non está nada escrito.
Por detrás, Salomé Bermúdez aguanta os envites de Carmen Roca, e esta semana consigue ampliar nun punto a súa vantaxe; tamén ten 10 puntos sobre Carmen que deben chegarlle nas 3 tiradas restantes.
Liga Sub 16
Nova vitoria de Miguel López, terceira consecutiva e sexta nas últimas 8 tiradas celebradas. Espectacular esta segunda volta de Miguel que se coloca a 9 puntos do líder. Parece que lle tomou a medida a Daniel nesta última parte da competición. Esta Liga, que na súa primeira parte parecía decidida, volveu a revivir grazas a Miguel, quen, a falla de 3 tiradas, ten aínda posibilidades de alcanzar a Daniel, cando fai un par de meses parecía imposible.
Por detrás, Julia López, Javier Alonso e Juan Manuel Ferro pelexarán nas 3 tiradas que faltan pola terceira praza do podio con só 6 puntos de separación entre eles.
A vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ, O 20 DE FEBREIRO, DE 2016.
|
CAMPIONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE A VARA (13 FEBREIRO 2016) 28 INSCRITOS: 14 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 16 E 9 NA LIGA FEMININA |
|||
| CLASIFICACIÓN | NOME | TANTOS |
PUNTOS |
|
LIGA SENIOR |
|||
| PRIMEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA |
289 |
12 |
| SEGUNDO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ |
287 |
10 |
| TERCEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
278 |
8 |
| CUARTO | LUIS RANCAÑO BOUSO |
265 |
7 |
| QUINTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ |
240 |
6 |
| SEXTO | C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA |
236 |
5 |
| SÉTIMO | RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ |
221 |
4 |
| OITAVO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA |
212 |
3 |
| NOVENO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO |
199 |
2 |
| DÉCIMO | ADÁN RODRÍGUEZ ROCA |
196 |
1 |
| MELLOR BOLADA | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
88 |
1 |
|
LIGA SUB 16 |
|||
| PRIMEIRO | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO |
200 |
6 |
| SEGUNDO | DANIEL ALONSO LÓPEZ |
194 |
4 |
| TERCEIRO | JUAN MANUEL FERRO SANTOS |
184 |
3 |
| CUARTO | JULIA LÓPEZ FORMOSO |
133 |
2 |
| QUINTO | JAVIER ALONSO LÓPEZ |
131 |
1 |
| MELLOR BOLADA | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO |
74 |
1 |
|
LIGA FEMININA |
|||
| PRIMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
164 |
6 |
| SEGUNDO | BELÉN MEITÍN ROUCO |
149 |
4 |
| TERCEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA |
113 |
3 |
| CUARTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN |
107 |
2 |
| QUINTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ |
103 |
1 |
| MELLOR BOLADA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
69 |
1 |





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
