Ata 4 atletas xuvenís das Escolas do Maderas Barcia Lourenzá conseguiron entrar por marca acreditada no Campionato Autonómico Xuvenil.
Así, Carmen López Diniz competirá este sábado 27 de febreiro en Riazo a partir das 16.30 horas na final de triple salto á que se presenta coa 5ª mellor marca (9,35) da serie.
Genito Pérez competirá tamén, ás 17.15 horas, na final directa de salto de altura levando unha mellor marca acreditada de 1,51.
Luís López estará, ás 18.15 horas, na final A de 400 coa 6ª mellor marca dos atletas que se presentan e Nerea Bajatierra, ás 17.45 horas, en peso acude coa 4ª mellor marca do ano (10,05) sendo unha das gran bazas do atletismo mariñán para o podio.