O Burela FS Pescados Rubén visitará este mércores a pista do Cidade de Narón, de Segunda, nas semifinais da Copa Galicia (municipal da Gándara, 21.15 horas). Os da Mariña colocáronse a un paso da final tras impoñerse ao Bembrive FS o pasado 9 de febreiro, por 3-5 con dianas de Antoñito, Bruno, Chano, Chino e Isi; pola súa banda, os de Narón venceron en cuartos ao Parrulo (4-2).
“Chegar á final é un obxectivo claro do equipo e do club. Queremos traer a nosa primeira Copa Galicia este ano para Burela” explicaba o técnico laranxa, Daniel Ibañes, incidindo na ilusión que teñen depositada xogadores e corpo técnico na competición. O adestrador fai un chamamento á concentración ante un rival que os agarda moi motivado: “Unha eliminatoria a un só partido sempre pon as cousas ao 50%, será complicado e nesta ocasión aínda será máis difícil; medirémonos a un rival que non o está pasando ben na liga e que quererá conseguir o premio da final da Copa ante a súa afección”.
Daniel Ibañes poderá dispoñer de todo o vestiario a excepción de Mata e Iago Míguez, en proceso de recuperación das súas respectivas lesións. Carlitos, ausente en Jumilla por unha artitre nun pé, volveu onte aos adestramentos.
O outro candidato ao título irmandiño sairá do envite entre A Estrada Inversia FS, de Terceira, e Santiago Futsal, compañeiro de batallas dos laranxas en Primeira, que se verán as caras o 9 de marzo.






















Subliñou tamén a unión veciñal arredor desta cita gastronómica, que comparte protagonismo con outras festas da contorna. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, incluído nun programa que reúne artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, terá lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
