Ribadeo, 3 de febreiro de 2016.- Coa cea de comadres arrinca este venres, 5 de febreiro, o Entroido en Ribadeo. A comisión organizadora anima a participar en todas as actividades previstas ata o 13, xornada na que se celebrará a tradicional Queima.
Desde a comisión organizadora sinalan que “agora que o calendario nos deixou unhas semaniñas para recuperarnos das festas de Nadal toca coller folgos para as xornadas de Entroido. A Comisión de Carnaval de Ribadeo xa ten listos os preparativos. Segundo os historiadores os vestixios máis antigos de Entroido datan de fai 5000 anos cos sumerios e os exipcios, pero esta festividade foise reinventando co devir do tempo ata que cada pobo acadou as súas propias costumes e tradicións. Así, todas as persoas que participen no Entroido de Ribadeo deixarán un pouquiño delas na historia e tradición da vila”.
O Entroido de Ribadeo ven cargadiño de sorpresas nesta ocasión: “comezará coa Cea de Comadres, novidade este ano, na que poderemos encher o bandullo e coller forzas para a II Gala do Entroido, que xa amosou un nivelazo na súa anterior edición, e desta promete non decepcionar”.
Os organizadores explican que “o domingo, mantendo as boas costumes o noso querido porco sairá a pasear polas rúas da vila, tamén volverá a haber un baile infantil para os máis cativos, e nesta ocasión unha nova xeración collerá protagonismo, xa que por primeira vez realizarase un baile xuvenil sen alcohol para as mozas e mozos, no que tamén poderán participar nun concurso de Instagram, e quen sabe, pode que de aquí saia unha nova tradición”.
Para a comisión organizadores “merecen unha especial atención as mascaritas, o disfraz máis enxebre da vila, que contará cun premio especial no desfile do martes de Entroido. Para rematar este viaxe teremos a espectacular queima do Entroido, unha tradición que naceu como sátira dos xuízos da inquisición, e que este ano contará cunha especial sorpresa. Por sorte, para poder vivir as celebracións coa máxima enerxía poderemos comer o cocido típico do Entroido nos establecementos ribandenses adheridos”.
E engaden: “e se o estades pasando ben non esquezades participar no concurso das redes sociais, xa que así encheredes un baúl de recordos virtual, que sempre vos sacará un sorriso. Desta maneira conseguiremos afastar o ocaso desta bonita e antiga tradición”.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



