Lugo, 15 de febreiro de 2016.- Técnicos da área de Medio Ambiente da Deputación e da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico desprazaranse aos municipios para estudar, in situ e de xeito individual, unha serie de indicadores deste servizo como, por exemplo, os económicos, organizativos, sociais ou medioambientais
A Xunta de Goberno aprobou o convenio de colaboración da Deputación de Lugo coa Asociación do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular para a posta en marcha dun minucioso estudo sobre o servizo de xestión de residuos urbanos nos Concellos da provincia que decidan sumarse a esta iniciativa, que é totalmente gratuíto para eles. Este acordo enmárcase na aposta persoal do Presidente, Darío Campos Conde, de impulsar medidas coas que contribuír á mellora desta prestación co fin de aforrar custos aos municipios e ofrecer un servizo máis eficiente aos veciños.
Con esta colaboración, Deputación e Eixo Atlántico elaborarán a primeira análise sobre o funcionamento desta prestación nas entidades locais lucenses para, posteriormente, ofrecerlles propostas coas que mellorala e reducir os gastos que esta conleva.
O voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, explicou que, en primeiro lugar, a Deputación presentarán este proxecto aos Concellos para que se adhiran ao mesmo. Farao nunha xornada informativa no Pazo de San Marcos, que celebrará nas vindeiras semanas. Ademais, o organismo provincial tamén enviará unha comunicación oficial a todas as entidades locais con información detallada sobre o proxecto.
De seguido, técnicos da área de Medio Ambiente da Deputación e da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico desprazaranse aos municipios para estudar, in situ e de xeito individual, unha serie de indicadores deste servizo como, por exemplo, os económicos, organizativos, sociais ou medioambientais.
Santos Ramos remarcou que “con esta colaboración, acadaremos o primeiro estudo sobre a situción real do servizo de xestión de residuos de cada un dos Concellos da provincia que participen neste proxecto. En base a esta información, e tal e como aposta o Presidente, poderemos ofrecer aos municipios propostas coas que mellorar o funcionamento desta prestación e aforrar custos”.
Acordo Marco
A Xunta de Goberno aprobou o Acordo Marco da contratación de emulsión asfáltica para o Parque Móbil, que permitirá á institución luguesa aforrar custos correntes. Este Acordo Marco supón a apertura dun proceso de selección de empresas que integrarán unha bolsa de entidades, ás que recorrerá a Deputación para a adxudicación deste material. Cada 6 meses, o organismo provincial contrata 1.600 toneladas de emulsión asfáltica para acondicionar os máis de 4.200 quilómetros de estradas provinciais, así como para arranxar vías municipais; traballo que se leva a cabo dende o Parque Móbil.
“Este Acordo Marcos permítenos aforrar cartos porque, por unha banda, fixamos un prezo máximo para esta prestación, e, ademais, establecemos outros criterios de selección para afondar aínda máis neste aforro. Por exemplo, teremos en conta a situación xeográfica da planta de subministro, valorando positivamente a súa proximidade. Hai que ter en conta que a Deputación só contrata a compra do material, pois é o organismo provincial, cos seus medios, o que se despraza a recollelo. Deste xeito, reduciremos custes de desprazamento. Ademais, axilizaremos os tramites administrativos da contratación deste servizo”, explicou o voceiro.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



