Día de festa moi especial para os usuarios e equipo técnico de “A Mariña” este xoves. “Coa chegada do Entroido, un ano máis queremos participar das tradicións e festas populares e por iso celebramos unha gran festa de disfraces na nosa Unidade Residencial de Cervo”. “O disfrace elixido foi o de pallaso pois consideramos que é importante saber poñer un toque de humor no día a día e valorar o efecto positivo dun sorriso. A xornada comezou con baile de disfraces, continuou con xogos populares e rematou cunha comida conxunta”. O compañeirismo, a diversión e as risas formaron parte da celebración.
Diversión e risas na Unidade Residencial de Cervo de ‘A Mariña’
Diversión e risas na Unidade Residencial de Cervo de ‘A Mariña’
Relacionado
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo
-
Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación o 24 de maio ás 10:30 no Centro Sociocultural de Alfoz
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional