Lugo, 6 de febreiro de 2015.- A candidata á presidencia do congreso do PP por Lugo Elena Candia centrará a súa campaña en “escoitar á militancia” de cara a fortalecer o partido “coas achegas que os afiliados queiran trasladarnos”. Oficialmente a campaña interna dará comezo o día 15 de febreiro, data na que a ex presidenta da Deputación comezará un percorrido por todas as comarcas da provincia para dar a coñecer o proxecto do seu equipo para os vindeiros anos.
Para que os afiliados poidan trasladar as súas achegas, a candidatura encabezada por Elena Candia pon á súa disposición o correo electrónico elenapresidentalugo@gmail.com onde os anima a realizar as súas achegas.
“Queremos que deste proceso saian ideas para manter un partido forte e unido, polo que convidamos a toda a familia do PP a facer as súas suxestións que, de maneira preferente, teremos en conta”, engade.
O equipo liderado pola alcaldesa de Mondoñedo programa reunións abertas coa militancia para incorporar a opinión de todos os afiliados ao seu proxecto de futuro para o PP de Lugo. “Queremos escoitar á xente nova, as ideas que teñen para seguir avanzando, así como aos concelleiros que desde o Goberno e desde a oposición traballan nos seus concellos para mellorar a calidade de vida dos seus veciños e veciñas”.



















Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



