Lugo, 13 de febreiro de 2016.- A candidata á presidencia do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, explicou que se acada a confianza no vindeiro Congreso provincial proporá á Xunta local lucense a recuperación da figura do coordinador de xefes de distrito para potenciar a participación dos militantes na capital.
Candia avoga por medidas prácticas que contribúan a incrementar os mecanismos de democracia interna e de colaboración dos militantes no día a día do partido e en cada proceso de toma de decisións, de tal xeito que en cidades como Lugo, con maior poboación, acadarán máis peso os distritos e, en consecuencia, as bases do partido.
O coordinador será o encargado de potenciar esta actividade e será tamén o responsable de articular un proceso para que o fluxo de información interna sexa cada vez maior. Tamén supervisará o funcionamento e posta en marcha dos foros necesarios para garantir maior sintonía entre os distintos cargos públicos (concelleiros, deputados, senadores) e os militantes.
ELECCIÓN DIRECTA DOS AFILIADOS
Candia explicou que, de cara ao futuro, cada vez que cese un responsable de distrito, esta figura se designará mediante elección directa dos afiliados do ámbito territorial correspondente e non, como ata o de agora, a proposta da dirección local. En función da avaliación que se faga do funcionamento deste modelo, non se descarta trasladalo a outras cidades lucenses.
“O maior patrimonio do Partido Popular son os seus militantes. Queren participar máis, ser escoitados. Queremos que todo eles contribúan máis activamente a facer partido, tanto no concello de Lugo como no conxunto da provincia”-indicou Candia.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



