A evolución do carnaval ó longo dos tempos, fai do de Foz acaso o mais brillante da Mariña. As vellas roupas, anacrónicas e grotescas, esquecidas no fondo dos armarios,(“os antroidos” de ille témpore ), son sustituídas por grupos e carrozas nos que a fantasía e o luxo rivalidan en mostra que motiva novos pasmos. Comparsas, murgas e charangas, ataviadas con singulares e lucidas vestimentas,lanzan ó ar os sóns que envolven lúdicas e críticas estrofas que con rexouba celebran as xentes do bacanal, presidido pola beleza e a simpatía da Raíña e as Donas de Honra, arquetipos da fermosura e o engado da muller mariñá.
Cando nos “anos escuros” se vetaba o entroido na rúa, era nos locais de lecer onde se celebraban con esplendor. Na memoria de varias xeracións perduran os salóns Rosalía de Castro,La Sociedad, A Peña e o Bahía; foi éste o que, a principios dos 50 implantara o “Faroliño”, baile-concurso de gran beleza plástica que, con utópica ilusión emulaba a elegancia e o “glamour” dos salóns aristocráticos europeos de entre séculos(XIX-XX), inmersa a sociedade no espíritu romántico da época…
A parella dispón dun farol veneciano, multicor,pendurado dunha variña duns 30 cm., suxeita por un extremo pola parella que a mantén en vertical/inclinada, e do outro o farol, cuxa luz debe sobrepasar as cabezas dos bailaríns; con esta iluminación iníciase o baile ó compás do “Vals das Velas”, de Strauss, que é o apropiado, creándose á par un clima de máxica fantasía coa media luz e o corido, tan acolledores, e as nostálxicas música e letra que alguen cantará: “Igual que en viejos tiempos/, con solemne ritual,/ se apaga una a una/ de las velas el brillar./ No importa si el destino cruel/ nos ha de separar,/ por siempre nos querremos, fiel/ de estas horas recordar…”.As luces multicores dos farois, que vibran ó son da música de Strauss e os acompasados ritmos dos bailaríns que, elegantes, dan vida e movemento á escena, ocrean un espectáculo visual e auditivo que é un gozo para espectadores e participantes.
Segundo as velas se apagan, as parellas abandonan o centro da pista e a última é a gañadora. Por moitos anos o “Baile do Faroliño”, de fascinante atractivo, ó que acudían numerosas parellas forasteiras, deu nome e prestixo ós nosos carnavales.
Dende hai 65 anos se celebra este baile que é, sen dúbida, o número histórico do Entroido de Foz e tamén o máis “glamuroso”: as modas e modos evolucionan, non sempre para mellor…
Suso Fernández


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



