A primeira xornada do IV Festi-Val de Cine de Alfoz e Valadouro, organizado polo Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA), celebrábase este sábado 27 de febreiro coa participación de medio centenar de persoas que asistiron ao Salón de Actos da Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” do Valadouro á proxección da curta de animación “Formol 105”, dirixida por Martín Rodríguez Vázquez, e da longametraxe “Crebinsky”, de Enrique Otero.
A xornada era inaugurada por Pepe Peinó, actual Presidente do SEVA, e Xabier Pardiñas, anterior Presidente do SEVA e actual Concelleiro de Cultura do Concello de Alfoz.
O vindeiro sábado 5 de marzo, o Festi-Val seguirá, esta vez na Casa da Cultura de Alfoz, coa proxección da curta “As San Lucas”, de Miguel García, e da longametraxe de animación “O pequeno mago”, de Roque Cameselle.