O Burela Pescados Rubén derrota ao AD Alcorcón por 4-2 nun partido que as mariñás amosaron un gran nivel desde o inicio. O conxunto burelao mereceu pechar o partido con maior antelación vista a superioridade laranxa durante a maior parte do encontro.
O equipo dirixido por Lucas comezou o duelo como un vendaval e aos dous minutos xa vencía por 2-0 con goles de Gaby e Dany. O Alcorcón non era capaz de conter o despregue laranxa que ata puido marcar o terceiro en varias oportunidades con protagonismo das brasileiras Gaby e Dany. Superado o ecuador, as burelesas déronse un respiro tras unha primeira fase eléctrica e o Alcorcón respirou aliviado. O duelo entrou nunha fase equilibrada aínda que as visitantes apenas inquietaron a meta local cun par de disparos. Ao descanso chegouse co 2-0 e na continuación cambiaron os papeis.
O Alcorcón saíu máis enchufado e Desirée aproveitou unha indeción laranxa para recortar distancias (2-1) no primeiro minuto do segundo acto. O tanto desconcertou ás mariñás que sufriron o acoso amarelo durante uns instantes. Esta breve fase de dominio visitante a punto estivo de custar o empate ao Burela Pescados Rubén pero a reacción burelesa non tardou en chegar. Peque avisou cun disparo ao pau e no minuto 25 marcou o 3-1 nunha gran acción individual, tras driblar ao seu par fusilou a Belén que non tivo opción. O tanto tranquilizou ás burelistas que volveron gobernar o partido con autoridade ante un Alcorcón minimizado polo bo xogo burelés, só faltou rendibilizar o seu dominio para aumentar a renda. Nun despiste Desiree pescou un balón para situar o 3-2, minuto 34, e meter de novo ao seu equipo nun partido de cor laranxa.
Na fase final, Dany probou a Belén que respondeu con eficacia e o Alcorcón apostou polo xogo de cinco que resultou infrutuoso ante a boa defensa burelista. O Burela Pescados Rubén aproveitou un roubo en media pista para sentenciar o partido. Entre Peque, Dany e Bea Mateos fabricaron o 4-2 cunha acción combinativa que Peque finalizou a porta baleira. Co 4-2 finalizou un partido que supón tres importantes puntos na carreira pola Liga da que o Alcorcón queda descolgado.
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Andrea, Bea Mateos, Dany, Peque, Gaby -cinco inicial- Claudia, Ceci, Maite, Lara.
AD Alcorcón FSF: Belén, Isa García, Rosana, Anita Luján, Natalia -cinco inicial- Pitu, Desirée, Vadillos, Aída, Orive.
Goles: 1-0, m.1, Gaby; 2-0, m.2, Dany; 2-1, Desirée, m.21; 3-1, m.25, Peque; 3-2, m.34, Desiree; 4-2, m.38, Peque.
Árbitros: Cardero Rodríguez, García Rodríguez. Ourense. Cartón amarelo a Bea Mateos do Burela Pescados Rubén e a Natalia do Alcorcón.
Incidencias: Partido correspondente á 18ª xornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón Vista Alegre de Burela, 450 espectadores.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
