Burela, 20 de febreiro de 2016.- Importante vitoria do Burela Pescados Rubén na pista do Jumilla Bodegas Carchelo por 1-5 nun duelo que os mariñaos sentenciaron no tramo final. O choque comezou cun Burela concentrado que soubo conter o entusiasmo local nos primeiros compases e tras uns minutos os laranxas apropiáronse da posesión e mostraron a súa mordente ofensiva. Fede contivo as primeiras embestidas visitantes aínda que nada puido facer ante o detalle de calidade de Iago Rodríguez que cun taconazo puxo en vantaxe (0-1) aos galegos. O ritmo do partido acelerouse e os burelaos gozaron de oportunidades para irse ao descanso con marcador máis cómodo pero Fede e o pouco acerto evitárono.
Na continuación os murcianos exerceron unha maior presión sobre a escuadra de Daniel Ibañes que aproveitou unha concesión local para marcar o 0-2 por mediación de Chano, minuto 22. O Jumilla desinflouse uns minutos e o Burela case logra o terceiro. Do posible 0-3 pasouse ao 1-2 logrado por Cristian Rubio que meteu de cheo ao seu equipo no partido. Os murcianos envorcáronse en ataque ante un Burela que conseguía defenderse con seguridade e cando era superado emerxía a figura imponente de Edu para evitar o empate local. Orzáez e Everton probaron a solvencia do meta burelao en resposta ás boas accións de Fede minutos antes. O duelo de porteiros estaba servido. Terry soltou un zapatazo destinado á escuadra galega e un Edu espectacular evitou o empate. Os burelistas comezaban a sufrir en exceso pero tralo tempo morto solicitado por Daniel Ibañes despexaron as súas ideas e sentenciaron o partido. O brasileiro Petry puxo a guinda ao seu bo debut co 1-3, minuto 36, e xa co Jumilla con xogo de cinco o Burela Pescados Rubén redondeou a súa vitoria cos goles de Jorge Bellvert, a porta baleira, e de Chino tras unha brillante xogada colectiva.
Ficha técnica
Jumilla Bodegas Carchelo: Fede, Javaloy, Rober, Everton, Rubén Orzáez –cinco inicial- Cristian Rubio, Terry, Raúl Canto, Simón, Cristian Jiménez, Malaka.
CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Iago Rodríguez, Isi, Hélder, Chino –cinco inicial- Jorge Bellvert, Chano, Antoñito, Petry.
Goles: 0-1, m.9, Iago Rodríguez; 0-2, m.22, Chano; 1-2, m.28, Cristian Rubio; 1-3, m.36, Petry; 1-4, m.37, Jorge Bellvert; 1-5, m.40, Chino.
Árbitros: Cuesta Sánchez e García Morón. Cartón amarelo a Jorge Bellvert e Chano do Burela Pescados Rubén.
Incidencias: Partido correspondente á 21ª xornada da Primeira División da LNFS disputado no pavillón Carlos García de Jumilla.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
