Burela, 24 de febreiro de 2016.- Mujeres en Igualdad Burela condenou cunha concentración a violencia de xénero, na mañá deste mércores diante do Concello de Burela, á cal asistiron varios representantes políticos, representantes do Sergas, traballadores do Concello de Burela, veciños, voluntarias de Mujeres en Igualdad Burela e mulleres e familiares que sufriron a Violencia de Xénero en primeira persoa, para gardar un minuto de silencio e condenar o ultimo caso de Violencia de Xénero ocorrido en Zaragoza, onde unha muller, de menos de 40 anos perdía a vida en presenza do seu fillo menor, a mans da súa parella.
Un neno orfo máis que pasará a engrosar máis a lista de menores orfos Vítimas da Violencia de Xénero!
Unha muller morta máis Vítima de Violencia de Xénero que tamén pasará a formar parte dunha lista interminable de mulleres mortas Vítimas de Violencia de Xénero!
Ata cando temos que seguir sufrindo esta secuela? Cando van deixar de aumentar esas estatísticas de mortes por Violencia de Xénero? Que fai falta para concienciar á poboación de que isto que esta sucedendo debe parar?
Nin unha máis!
Tolerancia cero!






















Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



